Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da central hidroeléctrica do río As Balsadas, no río As Balsadas, termo municipal de Ourol, provincia de Lugo.

Visto o escrito presentado por Guillermo Salgueiro Abad, na súa calidade de presidente do Consello de Administración da Sociedade Municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L., con enderezo para efectos de notificacións no Concello de Ourol, Estrada Xeral, s/n, 27865 Ourol (Lugo), solicitando autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións do aproveitamento da central hidroeléctrica do río As Balsadas no As Balsadas, termo municipal da Ourol, provincia de Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por resolución do presidente de Augas de Galicia, con data do 4 de xullo de 2000, outorgouse a favor da Sociedade Municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L. unha concesión para aproveitar 900 l/s de auga do río As Balsadas, no termo municipal de Ourol (Lugo), con destino á producción de enerxía eléctrica.

Segundo.-Con data do 18 de agosto de 2000, a Sociedade Municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L., solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río As Balsadas, achegando a documentación establecida ó efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Terceiro.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río As Balsadas, segundo o proxecto de execución seu, asinado polo enxeñeiro de camiños Edmundo Pascual García e polo enxeñeiro industrial Ángel Lobo Bedmar teñen as seguintes características:

-Presa de derivación e toma.

-Caudal máximo derivado: 900 l/s

-Salto total: 93 m (entre cotas 393 e 300 m.s.n.m.).

-Unha turbina tipo Francis de eixe horizontal a 1.000 rpm.

-Un xerador asíncrono de 650 kW de potencia e tensión de xeración 600 V.

-Un transformador de potencia de 800 kVA e relación de transformación 0,66/15-20 kV.

-Instalacións de mando, control, protección e medida.

Carto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1998, do 18 de marzo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizar administrativamente o aproveitamento hidroeléctrico do río As Balsadas, situado no río As Balsadas, termo municipal de Ourol, provincia de Lugo.

-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria