Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.623

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se declara concluso o proceso selectivo para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Nai-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, convocado por Resolución do 8 de abril de 1996, modificada pola do 15 de novembro de 2000.

Publicada pola Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 29, do 9 de febreiro) a nova baremación da fase de concurso, consonte o novo baremo rectificado, e rematado o correspondente prazo de reclamación, de conformidade co previsto no punto cuarto da Resolución do 15 de novembro de 2000 (DOG nº 232, do 30 de novembro) da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se modifican determinados aspectos da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), pola que se convocou concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Nai-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, en correspondencia co número 23 da base sexta da Resolución do 8 de abril de 1996, os tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición elevarán á autoridade convocante o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación acadada, que superaron o dito

concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, comprendendo a dita relación, de forma separada, ós aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos, co fin de publicarse no Diario Oficial de Galicia e declaralo concluso.

Anuladas as resolucións deste centro directivo do 14 e do 26 de maio de 1998, polas que se declarou concluso o dito proceso selectivo, á vista do oportuno informe da asesoría xurídica e adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais sobre a nova relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo citado, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes de tódalas categorías relativas á baremación da fase de concurso, nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) No servicio de persoal do propio complexo hospitalario de Ourense.

As reclamacións achegadas entenderanse estimadas, se é o caso, ou desestimadas nestas puntuacións definitivas do concurso.

Segundo.-Publica-las relacións de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 8 de abril de 1996 para o ingreso nas categorías de ATS/DUE, xestión da función administrativa, asistente social, TEL, TER, auxiliar de enfermería, auxiliar administrativo, telefonista, celador e operario, que se inclúen como anexos a esta resolución.

Terceiro.-Os novos aspirantes seleccionados, agás aqueles que xa foran seleccionados con anterioridade nas resolucións deste centro directivo do 14 de maio de 1998 (DOG nº 100, do 27 de maio) e do 26 de maio de 1998 (DOG nº 106, do 4 de xuño) polas que se declarou concluso o dito proceso selectivo, disporán dun prazo urxente de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución para presenta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto na base segunda A) 5, anexo I, da dita Resolución do 8 de abril de 1996.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico en modelo oficial, acreditativo de non estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que o imposibiliten para o desempeño das funcións correspondentes á praza que vai desempeñar. Para os aspirantes que accedesen pola quenda de discapacitados deberán achega-la certificación acreditativa da correspondente minusvalidez.

e) Declaración xurada ou promesa de que non incorre en incompatibilidade consonte a lexislación vixente.

Cuarto.-De conformidade co establecido no número 2 da base oitava da convocatoria, os novos aspirantes aprobados que tivesen a condición de persoal fixo, por calquera vínculo, ó servicio das administracións públicas ou dos servicios de Saúde, estarán exentos de acredita-las condicións e requisitos xa xustificados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do organismo de que dependan acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal. En todo caso, achegarán os documentos a que fan referencia as alíneas c) e d) do apartado anterior.

Quinto.-A documentación dirixirase ó director-xerente do complexo hospitalario de Ourense e poderá presentarse en calquera dos seguintes lugares:

a) No rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en San Caetano, bloque 2, 2º, en Santiago de Compostela.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

d) No propio complexo hospitalario de Ourense.

Tamén poderá presentarse a dita documentación a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sexto.-Estes aspirantes que dentro do prazo fixado, e agás casos de forza maior libremente apreciada pola autoridade convocante, non achegasen a documentación, non poderán subscribi-lo correspondente contrato e quedarán anuladas tódalas súas actua

cións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade.

Ó resto de aspirantes seleccionados con anterioridade nas resolucións deste centro directivo do 14 de maio de 1998 (DOG nº 100, do 27 de maio) e do 26 de maio de 1998 (DOG nº 106, do 4 de xuño), que cumpriron validamente con este trámite, polos principios de economía procedemental e seguridade xurídica, non terán que achega-la dita documentación.

Sétimo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Valeriano Martínez García

Dirección xeral da División de Recursos Humanos