Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.578

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de marzo de 2001 pola que se publican as bases que rexerán a concesión de axudas correspondentes ó programa Apoio á I+D Industrial, Tecnoloxías Industriais do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2001.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece, como obxectivo xeral, o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental potencia-lo sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico da Comunidade Autónoma.

Dentro dos programas tecnolóxicos horizontais figura o programa Apoio á I+D Industrial, Tecnoloxías Industriais que ten como finalidade fomenta-lo desenvolvemento de novos materiais e mellora-la competitividade da empresa propiciando a innovación en procesos e productos para ofrecer artigos cun maior grao de transformación e con máis posibilidades de apertura ó exterior.

Estas axudas financiaranse con fondos propios da Comunidade Autónoma galega, Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) e Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e, en consecuencia, a concesión das axudas quedará condicionada ó cumprimento do que sinale a Unión Europea.

O contido desta orde de axudas axústase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2000, segundo o cal «En tanto non recaia a decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómica axustándose ás directrices, tanto horizontais como sectoriais, dictadas pola comisión, así como, de se-lo caso, ós límites de intensidade autorizados a Galicia no Mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006».

En consecuencia, e para poñer en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas e, neste caso concreto, para a execución do programa Apoio á I+D Industrial, Tecnoloxías Industriais e como continuación das accións realizadas no ano 2000,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócanse as axudas que a continuación se indican como instrumentos ordinarios do programa de Apoio á I+D Industrial, Tecnoloxías Industriais, e apróbanse e fanse públicas as bases que rexerán

cada unha delas como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

a) Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada industrial (anexo I).

b) Axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial (anexo II).

Artigo 2º.-Aplicacións orzamentarias.

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I desta orde, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento destinará un máximo de 65.000.000 de ptas. que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432-A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 a 2004, de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2001Ano 2002Ano 2003Ano 2004

(Pesetas)(Euros)(Pesetas)(Euros)(Pesetas)(Euros)(Pesetas)(Euros)

25.000.000150.253,0325.000.000150.253,0310.000.00060.101,215.000.00030.050,61

Para as axudas convocadas no anexo II, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas destinarán os créditos

globais correspondentes ás aplicacións orzamentarias que se mencionan, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2001 a 2003 de acordo coa seguinte distribución:

AplicaciónAno 2001Ano 2002Ano 2003

(Pesetas)(Euros)(Pesetas)(Euros)(Pesetas)(Euros)

04.07.432-A.770.020.000.000120.202,4220.000.000120.202,4210.000.00060.101,21

08.03.432-A.770.0150.000.000901.518,1550.000.000300.506,0525.000.000150.253,03

Non obstante, no caso de actuacións correspondentes á modalidade de proxectos cooperativos recollida no anexo II as cantidades que deban percibi-las institucións públicas poderán librarse directamente á institución pública con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432-A.740.0 prevista para o anexo I desta convocatoria e respectando os límites antes citados.

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento (PGIDT), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º.-Recursos.

As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa polo que, de conformidade co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de súa notificación, se fora expresa; se non o fora, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, de confor

midade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou o conselleiro de Industria e Comercio, segundo proceda, no prazo dun mes se o acto fora expreso; se non o fora, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Todo iso sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos seus intereses por parte dos interesados.

Artigo 4º.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto na orde, haberá que aterse ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, e na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, e o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5º.-Control.

En todo caso, os beneficiarios sométense ás actuacións de control que efectúen as consellerías da Presidencia e Administración Pública e a de Industria e Comercio e as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as previstas na lexislación do Consello de Contas, así como as que poida efectuar, de se-lo caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciamento con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Consellería de Industria e Comercio, Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas para que dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2001.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Industria

e Administración Públicae Comercio

-Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

-Director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada industrial

1. Obxecto.

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos, así como prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes, para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada industrial, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, no programa de Apoio á I+D Industrial, Tecnoloxías Industriais.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que baixo a dirección continuada dunha delas realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación, que baixo a dirección dun deles realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación pertencentes a grupos de investigación distintos que achegan coñecementos de campos dife-

rentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estables, bolseiros de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispoñer dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga agás naqueles supostos nos que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso para os efectos desta convocatoria se admitirá como persoal vinculado ó organismo aquel que estea contratado ou sexa bolseiro con cargo a un proxecto, independentemente do organismo financiador.

2. Beneficiarios.

Para poder participar nesta convocatoria os investigadores deberán integrarse en grupos que se han de manter, cando menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación desta e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria, non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos da presente convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

2.1. Grupos en formación.

Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías industriais non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos en torno a liñas existentes se se alegan razóns de circunstancias de forza maior. No caso de grupos en formación cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

2.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

2.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

2.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro do terceiro ciclo de segundo ano.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso cada grupo

poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter, como mínimo, as seguintes características.

2.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo, tres membros todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

2.2.2. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e ter, alomenos, un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de catro anos e acreditar nos últimos catro anos unha actividade investigadora que, como mínimo, responda a algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

2.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial. Este/s investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

2.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

2.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas canto á súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

2.3.1. Características mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá, como mínimo, cinco membros todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e deberá ter, alomenos, dous sexenios recoñecidos ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos

últimos catro anos que como mínimo, responda a algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada, no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude, polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

b.2. Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3. Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, cando menos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, cando menos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

2.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir cando menos catro dos seguintes criterios de calidade.

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas de un importe superior a dous millóns de pesetas cada un deles.

2.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente o tamaño mínimo característico do equi

po poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores, que serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son, como mínimo, iguais ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo. No caso de que estes investigadores pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, terán que acredita-la autorización do organismo para participar no proxecto. Poderán figurar como colaboradores no proxecto solicitado outros titulados superiores sen vinculación, que non serán computados na valoración deste. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e especialistas para accións específicas pertencentes a outros grupos que só serán considerados para os efectos de avaliación científico-técnica do proxecto.

3. Modalidades de axuda ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan os seus membros.

3.1. Grupos en formación.

3.1.1. Axudas:

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación de grupos e, por tanto, unha axuda que só poderá ser solicitada con carácter previo á obtención dun proxecto de investigación por parte deste. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

3.1.2. Limitacións:

Os grupos en formación, e por tanto os seus membros, mentres gocen dunha axuda concedida ó abeiro desta convocatoria non poderán dispoñer (ou participar) doutro proxecto, independentemente de cal sexa a orixe do seu financiamento.

3.2. Grupos/equipos consolidados.

3.2.1. Axudas:

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria por soamente unha delas:

a) Incentivos:

Os grupos/equipos consolidados ós que con posterioridade ó 24 de xullo de 2000 e ata a data de peche desta convocatoria se lles comunicase a concesión dun proxecto aplicado do Plan Nacional no cal o seu contido estea relacionado coa I+D industrial, ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, en lugar do proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda será de catro millóns no caso de proxecto de Plan Nacional e de seis millóns no caso do Programa Marco e só poderá concederse unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación:

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de quince millóns de pesetas para un período de tres anos que se computarán a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación formulada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir á algún dos conceptos que se indican no número 4 das presentes bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subgrupos que integran o proxecto coordinado requiriranse un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá reuni-los requisitos establecidos no punto 2.2.2. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un), deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo.

3.2.2. Limitacións:

Os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto, poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catorce ou máis anos poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e un se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgunha das tres alíneas anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de Apoio a I+D Industrial do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa con ata dous proxectos doutros programas do Plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio, e para os efectos desta convocatoria, exclúense do cómputo do proxecto vixente tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que terminen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

3.3. Grupos/equipos de excelencia.

3.3.1. Axudas:

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas.

a) Incentivos:

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas na alínea 3.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións, agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de cinco millóns para proxectos do Plan Nacional e sete millóns para o Programa Marco.

b) Proxectos de investigación:

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de vinte millóns de pesetas para un período de tres anos que se computarán a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación formulada, a calidade do proxecto, a calidade e o tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 das presentes bases incluíndo o concepto de persoal.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os membros deste cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no número 2.3.1.

3.3.2. Limitacións:

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo, que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións que as descritas para o grupos consolidados no número 3.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de Apoio á I+D Industrial do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa con ata dous proxectos doutros programas do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria, exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que finalicen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

3.4. Outras axudas. Axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente, e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco, os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 300.000 ptas. referidas ós conceptos específicos recollidos nos números 4.4. e 4.5 das presentes bases, sempre con relación ós gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 3.2. e 3.3.

4. Actuacións subvencionables.

En xeral, as axudas solicitadas deberanse referir a algunha das actuacións que a seguir se relacionan, ben que cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades aplicadas de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos de formación (número 3.1.) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (número 3.4).

O importe máximo por este concepto será de 6.600.000 ptas. para proxectos de tres anos, 4.400.000 ptas. para proxectos de dous anos e 2.200.000 para proxectos dun ano, e no caso dos incentivos de grupos/equipos consolidados ou de excelencia (apartados 3.2.1.a) e 3.3.1.a) das presentes bases) poderase imputar a este concepto ata o importe de subvención permitida, descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible debidamente xustificado.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das axudas de proxectos de investigación, establecidos en orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos.

b) A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que forman o equipo en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) O interese, relevancia e oportunidade dos obxectivos do proxecto para a resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto formulado a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vai realizar.

6. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto, que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participaren no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos de composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante.

O modelo oficial de solicitude número TIN-1 (da cal a face externa se publica como anexo III da presente orde), está ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC e na Internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións

públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo da solicitude. Así mesmo deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto para o sector industrial e considera-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes, que se dirixirán ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador requirirase o visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo para a súa presentación será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento requirirá o solicitante para que no prazo de dez días contados a partir do día seguinte á recepción do dito requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, se considerará desistido da súa petición logo de resolución de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa da desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e, no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia), a solicitude será desestimada.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo do informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas poderá determina-lo transvase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

8. Avaliación e selección.

A avaliación das solicitudes admitidas a trámite será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A determinación da priorización será realizada por unha comisión de selección que con base nos criterios recollidos no artigo 5 deste anexo I, emitirá unha proposta de acordo co disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, na que se especificarán, de xeito prioritario segundo os criterios de valoración, as devanditas solicitudes.

A comisión de selección estará constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas (un como presidente e outro como secretario) e outros dous designados polo Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos dos grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 3.1.1.a), 3.2.1.a), 3.3.1.a) e 3.5 respectivamente) terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretendan realizar coa axuda solicitada.

9. Resolución e aceptación de axudas.

Á vista do informe da comisión de selección, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública e o conselleiro de Industria e Comercio dictarán resolución conxunta, que será publicada no Diario Oficial de Galicia. Na resolución especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos.

O prazo máximo para dictar e publica-la resolución expresa será de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde. O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima o interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, por escrito, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da recepción da súa notificación, coas condicións específicas que se recollen nesta orde e as que, de se-lo caso, se inclúan na resolución. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

10. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto acompañada dos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese. Ademais, no caso de axudas recollidas no número 3.4. requirirase documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

11. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propoñe-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en coordinación coa Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo de tres meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Consellería de Industria e Comercio. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraes

tructuras Tecnolóxicas. Estas unidades poderán convoca-lo investigador principal, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

12. Difusión dos resultados.

Os traballos e os resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da dita consellería ou do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

13. Incidencias.

Tal como se recolle no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (e non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións e obrigas impostas na presente orde, ou as que, de se-lo caso, se inclúan na resolución, dará lugar, de acordo co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, á revogación da axuda concedida e ó reintegro da cantidade percibida e os seus intereses de demora, conforme o procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, sen prexuízo, de se-lo caso, doutras responsabilidades nas que incorrese o beneficiario.

As cantidades que teñan que reintegra-lo beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobro os previstos nos artigos 19 a 23 do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro.

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido no artigo anterior e o que determina o artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial

1. Obxecto.

Estas bases regulan o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións de empresas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de aplicación no sector industrial baixo a forma de innovación de productos, innovación de procesos ou innovación de materiais.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas, asociacións ou agrupacións de empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teren o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e materializaren o proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estaren ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non teren contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuíren personalidade xurídica propia e suficiente capacidade para obrar e non estaren inhabilitadas para a obtención de subvencións públicas ou para contrataren co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

a) Creación e dotación específica de departamentos de IDT ou plantas piloto en empresas, agrupacións ou asociacións de empresas.

b) Execución de proxectos de IDT orientados á obtención de productos, procesos ou materiais novos ou mellorados.

c) Execución de proxectos cooperativos desenvolvidos por departamentos universitarios, centros tecnolóxicos ou institutos de investigación baixo contrato con empresas.

4. Actuacións subvencionables.

Terán carácter subvencionable aqueles investimentos que teñan por obxecto o desenvolvemento dalgunha ou dalgunhas das seguintes actuacións, tendo en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Creación e dotación específica de departamentos de IDT.

A creación e dotación específica de departamentos de IDT ou plantas piloto en empresas, agrupacións ou asociacións de empresas, financiándose os seguintes conceptos:

a) Custo vinculado ó desenvolvemento externo do estudio e o proxecto para a creación do departamento ou planta piloto, ata un máximo de 2 millóns de pesetas.

b) Custo de adquisición de bens de equipo específicos e elementos técnicos e instrumentos destinados a investigación e desenvolvemento. Non serán subvencionables os custos de compra ou construcción de edificios, nin adaptación de locais.

4.2. Novos productos, procesos ou materiais.

A execución de proxectos de IDT orientados á obtención de productos, procesos ou materiais novos ou mellorados, financiando os seguintes conceptos:

a) Custo do persoal técnico da empresa necesario para a realización do proxecto. Para tal obxecto o devandito persoal debe quedar definido no proxecto e a contía non poderá supera-lo 20% do custo total subvencionable do proxecto.

b) Custo do persoal adicional que contrate a empresa para a realización do proxecto e que, no momento da contratación, non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivera nos dous últimos anos. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 6.600.000 ptas. para proxectos de tres anos, 4.400.000 ptas. para proxectos de dous anos e 2.200.000 ptas. para proxectos dun ano. No momento da solicitude deberá achegarse ó perfil requirido para o contratado e para o cobro da subvención requirirase copia do contrato.

Os proxectos de investigación empresarial ós que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de mozos titulados universitarios e de FPII ou ciclo superior. As ditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento de contratos en prácticas e para innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán reuni-los requisitos e condicións e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Gastos xerais suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto ou actuación, tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso poderán estes gastos supera-lo 5% do custo

total subvencionable do proxecto e ata un máximo de 750.000 ptas.

d) Custo de servicios externos coa universidade, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos e/ou laboratorios.

e) Gastos en materiais funxibles necesarios para a execución do proxecto.

f) Gastos inherentes á adquisición de compoñentes específicos necesarios para a elaboración e desenvolvemento de prototipos, así como o custo de realización externa dos ditos prototipos.

g) Gastos para a protección dos resultados da investigación sempre que esta fose realizada en Galicia, ou se vaia implantar un proceso productivo relacionado con esta.

4.3. Proxectos cooperativos con outros centros de investigación.

A execución de proxectos cooperativos desenvolvidos enteiramente por departamentos universitarios, centros tecnolóxicos ou institutos de investigación baixo contrato con empresa, dos que será subvencionable o custo do dito contrato de colaboración.

5. Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das axudas, relacionados por orde de importancia, serán os seguintes:

a) Valoración técnica do proxecto presentado, realizada polos expertos externos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto na resolución de problemas relevantes para o seu correspondente sector.

d) Incidencia do proxecto na articulación do Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa e, en particular, o establecemento de colaboracións coas infraestructuras públicas de apoio á investigación e ó desenvolvemento.

e) Capacidade da empresa para a execución do proxecto.

6. Contía da axuda.

As axudas poderán acadar unha contía máxima do 50% do investimento subvencionable, por tratarse de investigación aplicada e desenvolvemento.

7. Solicitudes e documentación.

O modelo oficial de solicitude número TIN-2 (do cal a face externa se publica como anexo IV da presente orde) está ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas e na Internet nos enderezos: http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/in.

As solicitudes, que se dirixirán ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral dos Servicios Centrais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou da Consellería de Industria e Comercio, ou a través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para a súa presentación será desde o día seguinte ó da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, ata o día 27 de abril de 2001, ambos inclusive.

As ditas solicitudes presentaranse segundo o modelo TIN-2, que conterá antecedentes da entidade solicitante, descrición das súas actividades principais, descrición detallada dos investimentos por unidade de actuación e efectos esperados e acompañaranse da seguinte documentación, todo isto por triplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e dúas copias):

a) Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

b) Licencia fiscal ou último recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, se é o caso, declaración de non estar suxeito ó IAE. No caso de empresas que se constitúan no ano 2001, este requisito deberase acreditar cando se presente a xustificación do investimento.

c) Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación con que actúe o solicitante.

d) Declaración expresa de axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para o mesmo proxecto ou actuación en calquera administración, entes públicos ou privados nacionais ou internacionais; declaración expresa de que non se ten ningunha débeda por ningún concepto coa Xunta de Galicia e de estar ó día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

e) No caso de agrupacións ou asociacións de empresas acollidas ó réxime de exención do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa desta.

f) No caso de asociacións ou agrupacións de empresas, copia compulsada do estatuto da dita entidade ou documento acreditativo da natureza e réxime xurídico do solicitante, incluíndose a xustificación da inscrición no rexistro correspondente.

g) No caso de solicitudes presentadas para a execución de proxectos nos que conte coa colaboración da universidade, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos e/ou laboratorios, copia do contrato de colaboración asinado ou carta de intencións

entre a empresa e a entidade que desenvolverá o proxecto e cales serán o custo e o obxecto do contrato.

h) No caso de solicitudes presentadas para a execución de proxectos de IDT en empresas, perfil do persoal que se contratará para a realización do proxecto.

i) Orzamento desagregado do investimento referente á adquisición de bens de equipo específico e copia dos orzamentos dos provedores.

j) Cando o investimento consista na creación dunha planta piloto, será necesario presentar unha descrición da súa aplicación unha vez instalada, así como a súa relación co proceso productivo.

8. Emenda de defectos.

Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se a solicitude de subvención non reúne os requisitos esixidos nesta orde, o interesado será requirido pola Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas da Consellería de Industria e Comercio para que nun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da recepción do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, se considerará desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da mencionada lei.

9. Avaliación e selección.

A avaliación do proxecto de IDT levarase a cabo mediante o disposto, neste ámbito de aplicación, pola Resolución do 28 de decembro de 1998, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de decembro de 1998, polo que se aproban as instruccións relativas ós créditos afectados ás actuacións relacionadas coa investigación e desenvolvemento.

A avaliación das solicitudes admitidas a trámite será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A determinación da priorización será realizada por unha comisión de selección que, con base nos criterios recollidos no artigo 5 deste anexo II, emitirá unha proposta de acordo co disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, na que se especificarán, de xeito prioritario segundo os criterios de valoración, as devanditas solicitudes.

A comisión de selección estará constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas (un como presidente e outro como secretario) e outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

10. Resolución e aceptación de axudas.

Á vista do informe da comisión de selección, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública

e o conselleiro de Industria e Comercio dictarán resolución conxunta, que será publicada no Diario Oficial de Galicia. Na resolución especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos.

O prazo máximo para dictar e publica-la resolución expresa será de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde. O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima o interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, por escrito, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da recepción da súa notificación, coas condicións específicas que se recollen nesta orde e as que, de se-lo caso, se inclúan na resolución. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

11. Ámbito temporal e actuacións plurianuais.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos e, en todo caso, o proxecto deberá estar concluído antes do 31 de decembro de 2003.

A presente orde poderán acollerse as actuacións establecidas no artigo 4º do anexo II desta orde, sempre que se inicien no período entre o 1 de xaneiro do 2001 e a data de xustificación do investimento recollida no artigo 12 do anexo II desta orde.

No caso de investimentos plurianuais que excedan o exercicio 2001 poderanse establece-los correspondentes compromisos de anualidade dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución do investimento, tendo que aterse ó disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro.

Para investimentos plurianuais, nos que a totalidade da subvención supere os 5.000.000 de pesetas, poderanse efectuar pagamentos parciais, á conta da liquidación que se perciba, cumprindo os requisitos que para o efecto determinan os artigos 16 e 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de tratarse dunha subvención plurianual que supere os 5.000.000 de pesetas, o solicitante deberá presentar na Consellería de Industria e Comercio ou na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, xustificante acreditativo da constitución da garantía mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca,

segundo se establece no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de 15 días desde a notificación da resolución de concesión.

Os libramentos destas axudas faranse efectivos con cargo ós créditos consignados para cada exercicio orzamentario, con independencia de que os investimentos se realizaran con anterioridade, sempre que así o esixa a natureza do proxecto e se acredite suficientemente que corresponden á actuación subvencionada ó abeiro do anexo II desta orde.

Para os investimentos plurianuais entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación do exercicio corrente ata o final de ano corresponderán á anualidade seguinte e, polo tanto, poderanse presentar como xustificantes para o cobramento da devandita anualidade.

12. Prazo e forma de xustificación do investimento.

Para o libramento de cada anualidade de subvención, o beneficiario deberá xustifica-las actuacións que constitúan o investimento subvencionable para o que deberá presentar, antes do 31 de outubro, inclusive, do ano que corresponda, nos servicios centrais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou na Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta documentación xustificativa, sen prexuízo do establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que se presentará por duplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e unha copia), constará dos seguintes documentos:

a) Memoria no que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias habidos na súa execución. Deberá incluír resumes da execución do orzamento nos que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe e a data de cada un dos xustificantes presentados.

b) Documentación acreditativa de realización do investimento ou gasto, que consistirá en copia das facturas e os seus correspondentes xustificantes de pagamento. Será necesario presenta-las facturas orixinais para comproba-la veracidade das copias presentadas. No caso de custos de persoal, deberá achegarse copia das nóminas e os TC do persoal dedicado ó proxecto.

c) No caso de colaboracións con departamentos universitarios ou centros tecnolóxicos deberá achegarse copia do contrato ou acordo no que se estableza a devandita colaboración.

d) No caso de contratarse persoal con destino especifico ó proxecto, copia do devandito contrato.

e) Certificación de axudas obtidas ou declaración das que se prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra institución, organismo ou administración pública, achegando os datos necesarios para que poida identificarse e, de se-lo caso, cuantificarse.

f) Certificación da conta bancaria onde debe realizarse o pagamento, expedida pola propia entidade bancaria, que deberá consigna-lo código bancario completo.

g) Certificados acreditativos de estar ó día nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e de estar ó día no pagamento do imposto sobre actividades económicas.

h) No caso de plantas piloto, certificación do xerente na que conste que a planta piloto non se dedicará a actividades de proceso productivo.

i) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión de subvención.

13. Modificación da resolución de concesión de axudas.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar a modificación da resolución de concesión de axuda, que será dictada por resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou conselleiro de Industria e Comercio, tal e como se especifica no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seguintes supostos:

1. Cando o investimento realizado teña un custo inferior ó inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.

2. Pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

3. Cando se modifiquen as circunstancias que alteran a solicitude presentada inicialmente. O beneficiario deberá solicita-la dita modificación, mediante instancia dirixida ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ó conselleiro de Industria e Comercio, na que se indiquen as ditas circunstancias, con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

14. Pagamento das axudas.

A percepción da axuda terá lugar unha vez que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio ou da Secretaría Xeral de Investigación y Desenvolvemento verifiquen a documentación xustificativa de cumprimento da realización do proxecto subvencionado e dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión. Así mesmo, para as subvencións de capital superiores ós 10.000.000 de ptas., destinadas a investimentos en activos tanxibles, o órgano xestor correspondente emitirá informe de comprobación material do investimento. Excepcionalmente, esta comprobación material poderase substituír por unha xusti

ficación documental, que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada, tal e como recolle o artigo 15.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, dentro do concepto de adquisición de equipamento, cando a entrega deste no exercicio corrente esixa o pagamento de calquera tipo de anticipos no exercicio anterior, os ditos pagamentos consideraranse parte do investimento do presente exercicio.

No caso de proxectos cooperativos, as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes de acordo co previsto na presente orde e o estipulado no contrato asinado, poderanse liberar directamente á institución pública con cargo á aplicación 04.07.432A.740.0 dentro dos límites de dispoñibilidade orzamentaria.

15. Reintegro da axuda.

Non se poderá esixi-lo pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Todo isto con suxeición ó procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

16. Renuncia das axudas.

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido no artigo anterior.