Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.577

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001 pola que se publica a composición do Pleno do Consello Galego das Persoas Maiores e se nomea a súa secretaria.

O Decreto 253/2000, do 5 de outubro, polo que se crea e se regula o Consello Galego das Persoas Maiores, determina no seu artigo 5 que o Pleno do consello estará formado por vocais representantes de institucións e organizacións con vinculación ó mundo dos maiores, polo que, sendo inminente a celebración do acto de constitución do dito Pleno, é conveniente proceder á publicación dos seus membros e ó nomeamento da súa secretaria.

Por outra banda, a selección dos representantes das asociacións de maiores fíxose a través dun proceso electoral levado a cabo seguindo o previsto no artigo 7 e disposición transitoria terceira do antedito Decreto 253/2000, e do que xorden os seus vocais.

Por todo o anterior, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, segundo o artigo 2 do Decreto 253/2000, e en virtude do previsto na disposición derradeira primeira e en uso das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Artigo 1º

Os vocais do Pleno do Consello Galego das Persoas Maiores serán as seguintes persoas:

A) Os seis en representación da Administración autonómica:

Luis Abades Álvarez, delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo.

Manuel Barral Castro, delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

Armando González López, delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense.

Mª Dolores Pan Vázquez, delegada provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Manuel Conde Mouzo, subdirector xeral de Acción Social.

Arántzazu Montiel Íñiguez de Heredia, xefa do servicio de Atención ás Persoas Maiores.

B) Os dous en representación das corporacións locais designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Enrique Fernández González.

José Antonio Santiso Miramontes.

C) Os catro en representación dos centros residenciais de atención ós maiores e dos fogares dos maiores que dependan da Administración autonómica, sendo un en representación de cada provincia, designados por cada delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

Pola Coruña: Jesús Pena Fernández, do Fogar da terceira idade da Coruña.

Por Lugo: Mª Pilar Iglesias Osorio, do Fogar da terceira idade de Lugo.

Por Ourense: Agustín Felix Torres Soto, do Fogar da terceira idade de Ourense

Por Pontevedra: Oswaldo Lino González Pereira, do Centro Social das Neves.

D) Os vinte en representación das asociacións de persoas maiores que foron elixidas por votación celebrada o día 1 de marzo de 2001, segundo o previsto no artigo 7 e disposición transitoria 3ª do Decreto 253/2000:

Mª Luisa Ansorena Hortega, asociación provincial de pensionistas e xubilados da Coruña (UDP).

Bernardino Barreiro Castro, asociación provincial de pensionistas e xubilados de Lugo (UDP).

Ramón Cagide Montero, Anciáns do Mundo.

Francisca Capilla Atienza, unión de pensionistas e xubilados de Vigo. (UDP).

Javier Castro González, asociación local de pensionistas e xubilados de Pol (UDP).

Aurelio Castro Rodríguez, asociación de pensionistas e xubilados O Ramallo de Portomarín.

Francisco Cebrián Núñez, asociación local de pensionistas e xubilados da Rúa (UDP).

Victoriano Fernández Mateo, asociación local de pensionistas e xubilados de Larouco (UDP).

Gustavo Gómez Novoa, asociación local de pensionistas e xubilados do Barco de Valdeorras (UDP).

José Flaminio González Núñez, asociación de pensionistas e xubilados de Chandrexa de Queixa (UDP).

Jesús Longhi Suárez, asociación de xubilados de enfermería.

José Magallanes Rodríguez, club de pensionistas San Pedro de Domaio.

Pedro Méndez Carballeira, asociación local de pensionistas e xubilados de Riotorto (UDP).

Manuel Pereira Sarria, asociación provincial de pensionistas e xubilados de Ourense (UDP).

Manuel Prado Rodríguez, asociación local de pensionistas e xubilados de Castro de Rei (UDP).

Daniel Prego Bastos, asociación de xubilados e pensionistas Villa Galicia.

José Rodríguez González, asociación de pensionistas e xubilados de Santiago de Compostela (UDP).

Manuel Valín Villar, asociación cultural da terceira idade O Agarimo.

Luis Vega García, asociación local de pensionistas e xubilados de Vilamartín de Valdeorras (UDP).

Fernando Wonenburger Macía, federación territorial de pensionistas e xubilados de Galicia (UDP).

E) En representación das federacións de centros residenciais de atención ás persoas maiores.

Eva Mª Jove González, asociación galega de residencias da terceira idade.

Paulo Naseiro Ramudo, federación galega de residencias da terceira idade.

Mª do Carme Santos Alfonso, asociación galega de residencias e centros de anciáns de iniciativa social Acolle.

F) En representación dos consumidores e usuarios:

Juan Carlos Ulla Otero, presidente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

G) En representación das organizacións sindicais máis representativas de Galicia a través das súas áreas sectoriais específicas para as persoas maiores, xubilados e/ou pensionistas:

Alfonso Gómez Iglesias por Comisións Obreiras.

Victor López Seijas pola Unión Xeral de Traballadores.

Agustín Malvido Broullón pola Confederación Intersindial Galega.

Artigo 2º

Noméase secretaria do Consello Galego das Persoas Maiores a Purificación Vázquez Vázquez, xefa da Sección de Programas do Servicio de Atención ás Persoas Maiores.

Artigo 3º

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais