Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador P-55/2000, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número P-55/2000, contra Rufino Goberna Costas por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-la proposta de resolución por resultar descoñecido o domicilio de Rufino Goberna Costas.

Proposta de resolución.

Primeiro.-Sancionar a Rufino Goberna Costas, titular do establecemento denominado Cafetería Verdemar, sito na avda. de Samil, número 75, do concello de Vigo, con multa dun millón unha pesetas (100.001 pesetas), como responsable da infracción administrativa moi grave especificada no fundamento xurídico cuarto desta proposta de resolución.

Segundo.-Proponse como sanción accesoria o comiso definitivo, para a súa destrucción da máquina en cuestión.

Fronte a esta proposta de resolución poderán os interesados, no prazo de oito días a partir do seguinte ó da súa notificación, alega-lo que ó seu dereito conveña, de conformidade co establecido no artigo 7.2º d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2001.

Juan Girón Astray

Instructor