En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que posúan, alomenos, un lote de cinco exemplares da raza galiña de Mos.
Asinan a acta de constitución: Eduardo Vidal Baamonde e sete persoas máis.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2001.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais