Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 8 de febreiro de 2001, da Delegación Comarcal da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 1999/001479-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se citan, as resolucións de recursos de alzada dos

expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 1999/001479-1.

Denunciado: Antonio Rivas Souto.

DNI: 33.256.586.

Enderezo: Gaboteira, 166, Boiro.

Precepto infrinxido: 6.9º.

Sanción: 25.001 ptas./150,26 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta «Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións», nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

A Coruña, 8 de febreiro de 2001.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña