Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro (batea) Lusi II, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 7-8-2000, Mario Viturro Viturro solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro (batea) Lusi II.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro (batea) e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a a seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión intervivos, a favor de José Carlos Viturro Viturro e Mª Dolores Tarela Gómez (DNI: 52452260R e 33271844K, respectivamente), da concesión administrativa do viveiro (batea) que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: viveiro (batea).
Nome: Lusi II.
Localización:
Cuadrícula nº: 14,
Polígono: D.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 5-11-1976 (BOE/DOG nº 290 do 3-12-1976).
Remate da vixencia: 3-12-2006.
Actual titular: Mario Viturro Viturro (DNI: 32534852H).
Novo titular: José Carlos Viturro Viturro e Mª Dolores Tarela Gómez (DNI: 52452260R e 33271844K, respectivamente).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 13 de febreiro de 2001.
P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, de 24 de xuño)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña