De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 221/2000.
Denunciado/a: La Francesa, S.L.
DNI/CIF: 15743818-G.
Último domicilio coñecido: estrada de Castela, 746. Narón.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: cen mil pesetas.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña