Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do procedemento sancionador en materia vitivinícola ICA-OU-90/2000-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois, e mais do seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, e demais normativa de aplicación, posto que, intentada a notificación, non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro da Facenda galega, recadación de multas e sancións 2080 0260 88 0040071588 de Caixanova, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo 32003 Ourense.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro citada.

Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 8 de febreiro de 2001.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediene: ICA-OU-90/2000-V.

Interesado: José Delgado López.

DNI: 34.696.494.

Enderezo: O Rosal (Oímbra-Ourense).

Infracción: incumpri-la normativa vixente en materia de transporte de productos vitivinícolas.

Precepto sancionador: artículo 123.1º do Decreto 835/1972.

Data da resolución: 12-1-2001.

Sanción: tres mil pesetas.