Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do parque eólico denominado Paxareiras IIB Adraño. (Expediente 22/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico Paxareiras IIB Adraño, con 36 aeroxeradores de potencia unitaria 600 kW, potencia total 21,6 MW, con 15 centros de transformación de 2.000 kVA de potencia unitaria; liña de evacuación de enerxía eléctrica de baixa e media tensión, a 30 kV conexión e entrocamento dos centros de transformación coa subestación de Recarea a 30/66 kV, nos terreos do

parque eólico de Paxareiras I; e do tendido aéreo a 66 kV existente que une as subestacións de Tambre e Pontella; e liñas subterráneas de comunicación entre aeroxeradores e subestación transformadora, sito nos termos municipais de Carnota e Mazaricos (expediente 22/1999), por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 2 de febreiro de 2001 a favor da entidade beneficiaria Eurovento, S.L., con domicilio para efectos de notificación na rúa Varsovia, 4-C, 5º, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-los días 2 e 6 de abril de 2001 no Concello de Mazaricos e o día 6 do mesmo mes e ano no Concello de Carnota, para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1957, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1954, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, contidos na relación de predios que se xunta e se expón con esta resolución nos taboleiros de edictos

dos concellos de Carnota e de Mazaricos, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 20 de outubro de 2000; actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-la data e a hora do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas consistoriais, sen prexuízo de desprazarse ós terreos se fose necesario.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 5 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de predios, propietarios, bens e dereitos que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, nos termos municipis de Mazaricos e Carnota, afectados polas instalacións do parque eólico de Paxareiras IIB Adraño

Concello: Mazaricos.

Ref. cat.LugarTermoPropietarioEnderezoCoprovSuperficieGabiaVooOcupac.

pred.(denominación)municipalCimentaciónPlataf.Transf.Vía(m)(m)temporal
(m)(m)(m)(m)*****por obra

(m)

****

1Parc. 1

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosHerminio José Carballo SieiraCornes, 10, Arcos15256

Mazaricos

000270000

3Parc. 6

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosHerminio José Carballo SieiraCornes, 10, Arcos15256

Mazaricos

0900615351301.425

4Parc. 7

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosDominga Caamaño MartínezCornes, 6, Arcos15256

Mazaricos

09003502431.450

5Parc. 11

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosAntonia Caamaño MartínezCornes, 3, Arcos15256

Mazaricos

025028510851.690

7Parc. 17

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosArmonia Malvarez SandeCornes, 4, Arcos15256

Mazaricos

15538501.2151401.4933.960

8Parc. 18

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosJosé Lado SandeCornes, 7, Arcos15256

Mazaricos

260635401.5151802.5256.465

9Parc. 20

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosManuel Silva Otero e irmánsCornes, 8, Arcos15256

Mazaricos

130670801.3451401.4185.970

12Parc. 23

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosArmonia Malvarez SandeCornes, 4, Arcos15256

Mazaricos

702550215505871.180

13Parc. 24

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosJosé Lado SandeCornes, 7, Arcos15256

Mazaricos

0650215501321.215

15Parc. 26

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosManuel Silva Otero e irmánsCornes, 8, Arcos15256

Mazaricos

1302300215507501.340

19Parc. 30

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosMaría Caamaño MartínezCornes, 6, Arcos15256

Mazaricos

902950505556551.370

20aParc. 31

Políg. 136

Casiña VellaMazaricosHerminio José Carballo SieriaCornes, 10, Arcos15256

Mazaricos

252150435506103.220

20bCasiña VellaMazaricosDescoñecido

Ministerio Fiscal

Edificio Audiencia Prov. 6ª planta Capitán Juan Varela, s/n.15007

A Coruña

000001.5300

21Parc. 32

Políg. 136

LagoasMazaricosLivertad Malvarez SandeOuteiro, Cornes15256

Mazaricos

0003250601.940

23Parc. 34

Políg. 136

LagoasMazaricosManuel Caamaño MartínezCornes, 6, Arcos15256

Mazaricos

024501.130705801.865

24Parc. 35

Políg. 136

LagoasMazaricosManuel Silva Otero e irmánsCornes, 8, Arcos15256

Mazaricos

201500575703351.810

25Parc. 36

Políg. 136

LagoasMazaricosHerminio José Carballo SieiraCornes, 10, Arcos15256

Mazaricos

11040040325709201.815

30Parc. 41

Políg. 136

LagoasMazaricosHerminio José Carballo SieiraCornes, 10, Arcos15256

Mazaricos

60650235505001.145

34Petón de CornesMazaricosDescoñecido

Ministerio Fiscal

Edificio Audiencia Prov. 6ª planta Capitán Juan Varela, s/n15007

A Coruña

0001.2401163223.880

Dimensións. Cimentación: 16x16 m; vía-gabia: 12 m (vía=10 m, gabia: 2 m); plataforma: 20x20 m; transformador: 10x8 m.

* Tipo de afección: expropiación de plena propiedade.** Tipo de afección: imposición de servidume paso eléctrico subterráneo.

*** Tipo de afección: imposición de servidume voo pa do aeroxerador.**** Tipo de afección: ocupación temporal (1 ano) para realización de obras de execución do parque eólico comprensiva

dun corredor de 50 m a cada lado da aliñación de aeroxeradores.

Concello: Carnota.

Ref. cat.LugarTermoPropietarioEnderezoCoprovSuperficieGabiaVooOcupac.

pred.(denominación)municipalCimentaciónPlataf.Transf.Vía(m)(m)temporal
(m)(m)(m)(m)*****por obra

m

****

35Petón de CornesCarnotaDescoñecido

Ministerio Fiscal

Edificio Audiencia Prov. 6ª planta Capitán Juan Varela, s/n15007

A Coruña

512946801.0332253.96212.025

Dimensións. Cimentación: 16x16 m; vía-gabia: 12 m (vía=10 m, gabia=2 m); plataforma: 20x20 m; transformador: 10x8 m.

* Tipo de afección: expropiación de plena propiedade. ** Tipo de afección: imposición de servidume paso eléctrico subterráneo.

*** Tipo de afección: imposición de servidume voo pa do aeroxerador.**** Tipo de afección: ocupación temporal (1 ano) para realización de obras de execución do parque eólico comprensiva

dun corredor de 50 m a cada lado da aliñación de aeroxeradores.