Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/25-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hidro Giesta, S.R.L.

Domicilio social: Cantón Grande, 6-6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: L.M.T. intercoñexión CC.HH. Peneda-A Arnoia-Cerves.

Situación: A Arnoia e Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: liña a 20 kV, subterránea Peneda-Valdeameixeira, en cicuíto simple e conductor tipo R.H.Z.1 H-16 12/20 kV, de 1.012 m de lonxitude, coa orixe na central hidoeléctrica de Peneda e remata na arqueta de confluencia coa L.M.T. subterránea A Arnoia-Valdeameixeira, de 593 m e iguais características cá anterior, e segue subterránea 150 m ata o apoio de paso subterránea-aérea da liña Valdeameixeira-subestación Castrelo, en conductor LA-280, dobre circuíto (4.433 m) ata o coto Novelle onde se une coa L.M.T. que vén da central hidroeléctrica Cerves, e segue en triple circuito (LA-110) ata As Pedreiras, 2.478 m, desde onde pasa a conducción subterránea (450 m) en conductor R.H.Z.A. H-16, 12/20 kV, ata a subestación de Castrelo propiedade de Unión Fenosa, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense