Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 121/00P e nove máis en materia de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán empre

ga-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18, 5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 1 de febreiro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. nº/

ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto

infrinxido e

sancionador

Sanción

121/2000Miguel Ángel Cid Martínez

44448532

Melias, O Pereiro de Aguiar (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pesca, e carecendo da oportuna licenciaArtigo 34.1º75.000 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

123/2000Carlos Pereira Iglesias

34934121

Cinco Nogueiras, A Peroxa, (Ourense)Pescar sen porta-la documentación preceptiva, aínda sendo titular de licencia de pesca en vigor, e negarse a entrega-las artes de pesca ós axentesArtigo 33.1º5.000 pesetas

157/2000Alfredo Manuel Sousa López

34974483Q

Finca Riestra s/n, OurensePescar con tres canas no encoro de Castrelo de MiñoArtigo 33.4º10.000 pesetas

164/2000José Barreira Gregorio

X-272405-Q

Barreira, nº 6-2º, OurensePescar sen porta-la licencia de pesca aínda sendo titular dunhaArtigo 33.1º5.000 pesetas

221/2000Tomás Ramón Herrero

09993823R

R/ Prado Lomar, nº 6, baixo, San Andrés de Montejos, Ponferrada (León)Pescar con dúas canas no río XaresArtigo 33.4º10.000 pesetas

224/2000José Antonio González Limia

34991622C

Estrada de Pontevedra, s/n, Punxín (Ourense)Pescar unha troita de 15,5 centímetros, sendo a dimensión mínima legal 19 centímetrosArtigo 33.9º3.000 pesetas

201/2000Raúl González Iglesias

34922800Z

R/ Marcelo Macías, nº 6-2º, OurensePescar sen licenciaArtigo 34.1º50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

228/2000Vicente Atanes Rodríguez

76707678X

Tariñeira, Gudín, Xinzo de Limia (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pesca, utilizando unha cana marca Evia, provista dun carrete Grauvell x30Artigo 33.9º10.000 pesetas

216/2000José Luis Chaves Gómez

34571914

R/ San Francisco, nº 12-2º, OurensePescar en luns, día inhábil para a pesca e sen licencia de pescaArtigo 34.1º e 34.8º75.000 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

236/2000Raúl Antonio Muñoz MuradásMagros, Beariz (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pescaArtigo 34.8º10.000 pesetas