Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a adquisición de armarios metálicos para os órganos xudiciais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato de subministración de armarios metálicos para os órganos xudiciais.

b) Número de unidades que se entregarán: 131 armarios metálicos.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o sinalado pola Administración contratante.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 140.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 62 24/981 54 45 17.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe clasificación

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ó décimo quinto día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º planta.

3. Localidade e código postal: 15771, Santiago de Compostela.

4. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

5. Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar na sala de xuntas o décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais