Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Colectores e EDAR de Parga e Guitiriz. (Guitiriz-Lugo).

Adxudicatario: Extraco Construccións e Proxectos, S.A. e Asteisa Tratamiento de Aguas, S.A. (UTE).

Orzamento: 165.027.857 pesetas.

-Bombeo, ETAP e rede xeral de distribución de auga ó concello de Boqueixón, primeira fase. (Boqueixón-A Coruña).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L. e Depuración Mantenimiento e Instalaciones, S.L. (UTE).

Orzamento: 449.500.000 pesetas.

-Novos colectores xerais e EDAR na Pobra do Caramiñal. (A Pobra do Caramiñal-A Coruña).

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

Orzamento: 567.722.700 pesetas.

-ETAP para o abastecemento de auga a Arbo. (Arbo-Pontevedra).

Adxudicatario: Cotragua, S.L.

Orzamento: 31.850.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia