Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 46/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 14 de xaneiro), notifícaselle ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non

se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa máxima

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 46/2001Artigo 23-o) en relación co artigo 26-e) da L.O. 1/1992Misericordia 50, ViveiroAta 5.000.000 de pesetas e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 12/2001Artigo 23-o) en relación co artigo 26-e) da L.O. 1/1992Misericordia 50, ViveiroAta 5.000.000 de pesetas e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 25/2001Artigo 23-o) en relación co artigo 26-e) da L.O. 1/1992Misericordia 50, ViveiroAta 5.000.000 de pesetas e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 35/2001Artigo 23-o) en relación co artigo 26-e) da L.O. 1/1992Misericordia 50, ViveiroAta 5.000.000 de pesetas e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

JJP CB (José A. Fdez. Muíña, Pedro Trevín Fdez. e Fco. Javier Forja Becerro)E-27243229LU-E 47/2001Artigo 26-e) da L.O. 1/1992Xral. Franco 5, GuitirizAta 50.000 pesetas

Club Cultural Boliche, S.L.B-27215839LU-E 2/2001Artigo 26-e) da L.O. 1/1992Noreas 15, LugoAta 50.000 pesetas

Juan Rogero Ayllón35566655LU-E 15/2001Artigo 26-e) da L.O. 1/1992Campos Novos 37, 3º, LugoAta 50.000 pesetas

Juan Rogero Ayllón35566655LU-E 20/2001Artigo 26-e) da L.O. 1/1992Campos Novos 37, 3º, LugoAta 50.000 pesetas

Juan Rogero Ayllón35566655LU-E 8/2001Artigo 26-e) da L.O. 1/1992Campos Novos 37, 3º, LugoAta 50.000 pesetas

Dolores Álvarez Otero33811464LU-E 258/2000Artigo 23-m) da L.O. 1/1992Pascual Veiga, edif. Luar, Covas, ViveiroAta 5.000.000 de pesetas e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques, e secretario o xefe de grupo,. Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 30 de xaneiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo