Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 243/00P e tres máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sanciona

dores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e mais do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Pro

vincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 30 de xaneiro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. nº/

ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto

infrinxido e

sancionador

Sanción

261/2000Jorge Ribas Domínguez

36151905-E

Avda. Galicia, nº 87, baixo, Vigo (Pontevedra)Pescar desde unha embarcación, sen licencia de pesca e sen licencia para a pesca desde embarcaciónArtigo 34.1º75.000 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

243/2000David Nóvoa Ferreira

44453013Q

Santa Teresita, nº 12-2º, OurensePescar sen licencia de pesca (o interesado porta licencia de pesca caducada o 19-4-2000)Artigo 34.1º50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

276/2000Faustino Calviño Ferreiro

76705512

Avda. Fernández de Mora, nº 25-1º E, Ponteareas (Pontevedra)Pescar sen porta-la licencia de pesca aínda sendo titular delaArtigo 33.1º3.000 pesetas

278/2000Jesús Lorenzo Rodríguez

34555349

R/ Velázquez, nº 19-2º, OurensePescar en luns, día inhábil para a pescaArtigo 34.8º50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca