Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de caza número OU-2000/029.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente número: OU-2000/029.

Denunciado: José Pérez Blanco.

Último enderezo coñecido: Venda da Capela, Vilariño de Conso (Ourense).

Contido da resolución:

Data: 31 de xaneiro de 2001.

Feitos polos que foi denunciado: cazar en época de veda empregando cepo para a caza de coello.

Tipificación da infracción: artigo 58.5º da Lei 4/1997.

Cualificación da infracción: grave.

Resolución: sanción con multa de 100.001 pesetas e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela por un tempo dun ano e un día.