Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Mouro, no concello de Ponteareas (provincia de Pontevedra), por parte de Vanesa Covelo Abalde.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Vanesa Covelo Abalde, con domicilio en trav. de Naia, 20, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 5 de decembro de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Mouro, de 11 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2928 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 34' 00''42º 13' 20''

Vértice 28º 32' 20''42º 13' 20''

Vértice 38º 32' 20''42º 12' 40''

Vértice 48º 33' 20''42º 12' 40''

Vértice 58º 33' 20''42º 12' 20''

Vértice 68º 33' 40''42º 12' 20''

Vértice 78º 33' 40''42º 12' 40''

Vértice 88º 34' 00''42º 12' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra