Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede ó Centro de Estudios Alfa a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Salvador Alba Fernández en representación do Centro de Estudios Alfa e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupos IG-I a IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Concederlle ó Centro de Estudios Alfa a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria