Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede a renovación ó Centro de Estudios Delta da autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Jesús Feijoo Sumay en representación do Centro de Estudios Delta e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a renovación da autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Visto o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e a súa instrucción técnica complementaria ITE-11 cos seus apéndices, aprobado por R.D.1751/1998, do 31 de xullo (BOE 5-8-1998), pola que se establecen as especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Concederlle ó Centro de Estudios Delta a renovación da autorización como entidade recoñecida para impartir os cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE-11 do R.D.1751/1998, do 31 de xullo de 1998.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente, o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria