Vista a solicitude presentada por Salvador Alba Fernández en representación do Centro de Estudios Alfa e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a renovación da autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.
Visto o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e a súa instrucción técnica complementaria ITE-11 cos seus apéndices, aprobado por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE 5-8-1998), pola que se establecen as especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.
Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.
Esta dirección xeral,
RESOLVE:
Concederlle ó Centro de Estudios Alfa a renovación da autorización como entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga
quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE-11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo de 1998.
Para impartir os cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente, o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.
Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2001.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria