Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-45/2000 e catro máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución, dicta pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-45/2000.

Denunciado: Luciano Gómez Abal, enderezo Sta. Mª Paradela-Meis.

DNI: 35.466.626.

Feitos denunciados: pescar estando inhabilitado para obte-la licencia de pesca, no couto de Ponte Arnelas onde está prohibida a pesca ata o 7 de maio. Feitos denunciados ás 16.45 horas do día 24 de marzo de 2000, no río Umia, ó seu paso por Seixas-Penaboi (Paradela), do concello de Meis.

Data do acordo da incoación: 24-5-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 22-12-2000.

Precepto infrinxido: 33.9º e 35.17º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 e 35 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 550.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un período de 1 ano e 1 día.

Expediente: P-82/2000.

Denunciado: José Bandín Duro, enderezo San Miguel de Barcala, 7, A Estrada.

DNI: 52.472.446.

Feitos denunciados: corta de árbores non autorizadas en zona de ribeira, cando foi sorprendido estaba cortando 2 carballos de 40 cm de diámetro e 8 m de alto. Feitos denunciados ás 11.15 horas do día 5 de abril de 2000 no río Ulla, ó seu paso por Bumio do concello da Estrada.

Data do acordo da incoación: 14-6-2000.

Alegacións á incoación: presenta escrito no seu descargo con data 6-7-2000.

Data da proposta de resolución: 22-12-2000.

Precepto infrinxido: 34.22º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas.

Indemnización: 127.494 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante 1 ano.

Expediente: P-87/2000.

Denunciado: Antonio Gómez Rodríguez, enderezo Camiño da Costa, 59, Lalín.

DNI: 33.182.782.

Feitos denunciados: capturar 4 troitas de menor dimensión da permitida (14 cm) non devolvéndoas ó río inmediatamente. Feitos acontecidos ás 12.30 horas do día 11 de maio de 2000, no sitio Gabieiras, lugar Alceme, no concello de Rodeiro.

Data do acordo da incoación: 14-6-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 22-12-2000.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 pesetas.

Indemnización: 6.000 pesetas.

Expediente: P-88/2000.

Denunciado: Pedro Rial Álvarez, domicilio avda. Castelao, 56, 12 C, Vigo.

DNI: 36.076.838.

Feitos denunciados: pescar no couto de Gondomar sen o correspondente permiso e negándose a identificarse e con ameazas tendo que chama-los axentes locais para a súa identificación. Feitos denunciados ás 11.20 horas do día 7 de maio no río Miñor, ó seu paso por Rasas, no concello de Gondomar.

Data do acordo da incoación: 14-6-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 22-12-2000.

Precepto infrinxido: 34.10º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 60.000 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante 1 ano.

Expediente: P-93/2000.

Denunciado: José Ángel Pérez Casal, domicilio A Gándara Chán-Alxán-Salvaterra do Miño.

DNI: 34.874.817.

Feitos denunciados: dedicarse á pesca furtiva da lamprea, utilizando artefactos de uso prohibido (unha fisga de 14 dentes) en tramo de río vedado ata o 7 de maio, carecendo de licencia de pesca. O denunciado foi visto dentro do leito do río, cun vadeador e unha fisga ensamblada nun pao intentando capturar algunha peza. Feitos acontecidos ás 8.45 horas do día 12 de abril de 2000, no río Tea ó seu paso polos Muíños Novos, no concello de Salvaterra de Miño.

Data do acordo da incoación: 22-6-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 26-9-2000.

Precepto infrinxido: 35.5º, 34.1º e 33.9º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33, 34 e 35 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 575.000 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano e día.