Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 22 de febreiro de 2001, acordou aprobar definitivamente o expediente de Plan parcial do sector SAUI 1, sito en Meicende, segundo o proxecto presentado por Investcos, S.A. e redactado polos arquitectos Javier de la Colina Béjar e Antonio de la Morena Pardo.

O que se publica para os efectos previstos nos artigos 48.2º e 42.6º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e os previdos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, reformada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Asemade, consonte o previsto no artigo 61 da devandita disposición legal, infórmase as interesadas e interesados que poidan ve-los seus intereses e dereitos lexítimos prexudicados polo antedito acordo, que poden coñece-lo seu texto íntegro nas dependencias do Servicio de Urbanismo, no prazo de dez días contados a partir da publicación deste anuncio.

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspon

dente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 5 de marzo de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde