Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o pasado día 1 de marzo de 2001, e tal como dispón o artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, acordou abrir período de exposición pública do avance do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza, durante o mes seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para os efectos de que poidan as entidades e os particulares suxeri-lo

que consideren oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Na Cañiza o 2 de marzo de 2001.

Manuel Gregorio Pérez

Tenente alcalde