Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte O Campo a favor dos veciños da Eirexa, parroquia de Beiro, no concello de Ourense.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o vintecinco de outubro de dous mil adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado O Campo, por solicitude dos veciños do lugar da Eirexa, parroquia de Beiro, do concello de Ourense.

Resultando que con data 2 de outubro de 1996 tivo entrada, no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar da Eirexa, da parroquia de Beiro, concello de Ourense, solicitando que se declare o monte O Campo como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial en sesión do 18 de decembro de 1996 acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores deste a Manuel Bouzas Costa e Miguel Ángel González Trigás, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Ourense e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar da Eirexa, da parroquia de Beiro, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Ourense, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Xerencia Territorial do Catastro, ó Servicio de Montes e Industrias Forestais e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense durante o prazo dun mes segundo consta en

dilixencia redactada ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade número dous de Ourense, como segue:

«Tramo 1.450, libro 301, do Concello de Ourense, folio 1, predio rexistral número 24.142, anotación letra A.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituidos formalmente en entidades municipais.

2. Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado.

3. Que o patrimoino colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico romano.

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable.

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividumdo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar da Eirexa, parroquia de Beiro, no concello de Ourense.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar da Eirexa, parroquia de Bairo, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños do lugar da Eirexa, parroquia de Beiro, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro,

así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999.

Visto o Decreto 482/19976, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado O Campo, dunha hectárea aproximadamente en conxunto, de superficie a favor dos veciños do lugar da Eirexa, parroquia de Beiro, no concello de Ourense e cos datos que a seguir se relacionan, coma veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Ourense.

Monte denominado: O Campo.

Comunidade propietaria: veciños da Igrexa (Beiro).

Superficie: 10.000 m aproximadamente.-Extremas:

Norte: destro parroquial.

Sur: Secundino Nóvoa González, Julián Encinas, Pilar Araújo Álvarez e outros.

Leste: herdeiros de Manuel Diz, Pilar Nóvoa Domato, Secundino Nóvoa González e outros.

Oeste: comunal parroquial.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Ourense, ós representantes da comunidade veciñal, ó do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo, perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común

se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 25 de outubro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Comúnm de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense