Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se modifican os coutos de pesca fluvial de Betanzos no río Mandeo e de Cecebre no río Mero e se crea o couto de pesca intensiva de Ponte Maceira no río Tambre.

O artigo 12 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio) establece a clasificación dos coutos de pesca fluvial das augas continentais galegas, mentres que o artigo 15 fixa os procedementos de creación, modificación e supresión de coutos.

De acordo co que se establece no artigo 15.3º do citado regulamento, os expedientes foron informados polo comité provincial de pesca na reunión do 28 de outubro de 1999 e con data do 21 de xullo de 2000, foi publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de xuño de 2000 pola que se someten á información pública os expedientes de modificación (ampliación ) dos coutos de pesca de Cecebre e Betanzos, e o expediente de creación do couto de pesca de Ponte Maceira.

Non se recibiron alegacións ós expedientes no período de información pública.

Logo dos preceptivos trámites, e ó amparo de establecido no artigo 15.2º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, esta Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

RESOLVE:

Aproba-la modificación (ampliación) dos coutos de pesca de Betanzos e Cecebre que se sinalan no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

RíoCoutoMunicipiosLímite superiorLímite inferiorKm

MandeoBetanzosCoirós, Paderne, Aranga e IrixoaO Inferniño (límite dos concellos de Irixoa e Aranga)Desembocadura do regato Meizoso (límite Coirós-Paderne)10,3

Número de permisos: 40 por día.

RíoCoutoMunicipiosLímite superiorLímite inferiorKm

MeroCecebreAbegondo, Betanzos e Cambre

Tramo 1 (con morte)Rego de Piñeiro (concello de Cambre)Presa de Telva (concello de Cambre)4,7

Tramo 2 (sen morte)Ponte Galiñeiros (concello de Cambre)Rego de Piñeiro (concello de Cambre)2,4

Tramo 3 (con morte)Ponte Limiñón (límite dos concellos de Abegondo e Betanzos)Presa do muíño de Macenda (límite dos concellos de Abegondo e Betanzos)3,8

Número de permisos por día:

-Tramo con morte: 35 por día.

-Tramo sen morte: 5 por día.

E aproba-la creación do couto de pesca intensiva de Ponte Maceira nos seguintes termos:

RíoCoutoMunicipiosLímite superiorLímite inferiorKm

TambrePonte MaceiraAmes, A Baña e NegreiraPonte da Madalena (Muíño de Portachán)Ponte Nova, cola do encoro Barrié de la Maza8,9

Número de permisos: 75 por día.

Cupo por pescador e día: 10 troitas.