Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Outeiro do Coto (ampliación dos parques Monte Seixo e Serra do Cando). (Expediente IN661A 99/5-4).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Sistemas Enerxéticos Cando, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en avda. do Cruceiro da Coruña 201-A, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Outeiro do Coto; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 12 de novembro de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Sistemas Enerxéticos Cando, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Outeiro do Coto, ampliación dos parques denominados Monte Seixo e Serra do Cando, de 15,18 MW, achegando a documentación establecida paro o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición décimo primeira do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembo, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da

enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por acordo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, do 30 de novembro de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 17-12-1999, BOP de Pontevedra do 20-12-1999, BOE do 22-12-1999, en La Voz de Galicia do 21-12-1999 e nos tabolei-

ros de anuncios dos concellos de Forcarei, Cerde-

do, Cotobade e A Lama e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 11 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-Durante o período de información pública non se recibiron alegacións.

Quinto.-O 31 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Nº de aeroxeradores: 23.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: Gamesa G-47.

Potencia total instalada: 15,18 MW.

Producción anual estimada: 37.829 MW.

Investimento previsto: 1.861.000.000 de pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión: 23 transformadores de 775 kVA, relación de transformación 0,690/20 kV, que transportará a enerxía xerada ata a subestación existente.

Sexto.-O 4 de outubro de 2000, a Delegación Provincial de Pontevedra aprobou a modificación do proxecto de execución, consistente na substitución dunha máquina G-47 por outra G-52, de 850 kW en lugar de 660 kW, polo que a potencia aumentou en 190 kW.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo xa citados.

Segundo.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía,, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Téndose cumprido os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966 que aproba o seu regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e cumpríndose os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Outeiro do Coto, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se for o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio