Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do parque eólico de Serra do Eixe, o proxecto de execución das instalacións que comprende, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se vai desenvolver, conforme o sinalado no proxecto presentado, no concello da Veiga. (Expediente IN661A 00/4-3 A.T.).

1. Alcance da información pública: lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Edasa Eólica Solpor, S.L. de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e o estudio ambiental do parque eólico de Serra do Eixe.

Lexislación aplicable para os efectos anteriores: Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e, supletoriamente, os decretos 2617 e 2619/1966, ámbolos do 20 de outubro, respectivamente, de autorización e de expropiación e sancións en materia de instalacións eléctricas; Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; decretos 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e 337/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

2. Características básicas do proxecto modificado.

a) Peticionario: Edasa Eólica Solpor, S.L.

b) Domicilio social: Centro Comercial Martínez Padín, s/n, As Lagoas, 32004 Ourense.

c) Denominación: Parque Eólico de Serra do Eixe.

d) Situación: concello da Veiga (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM.

Punto 1 (675050, 4685300); punto 2 (680000, 4683172), punto 3 (681450, 4680850); punto 4 (680700, 4680650); punto 5 (674950, 4683450).

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 38 aeroxeradores de 1.300 kW/u, que suman unha potencia instalada de 49,4 MW.

-Interconexión dos aeroxeradores mediante liñas subterráneas a 20 kV.

-C.T. para instalar en cada aeroxerador de 1.300 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Subestación transformadora. Equipada con transformador principal trifásico 132/20 kV de 55 kVA e cos elementos de manobra, medida e protección necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 5.274.545.687 pesetas.

3. Urxente ocupación.

O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudio ambiental.

O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1 e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente e no concello afectado.

5. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º de Ourense; tamén nos organismos citados no punto 4 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 31 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico de Serra do Eixe

Concello da VeigaProvincia: Ourense

PARCELA PROXECTOPROPIETARIOSAFECCIÓN (m)

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSESPSVPE

1VilanovaMonte baixo e piñeirosMonte veciñal en man común dos veciños de VilanovaA Veiga27.75088.000106.1741.378.076

SE: superficie de expropiación en pleno dominio.

SP: servidume de paso de camiños e canalizaciónS subterráneas.

SV: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

PE: protección eólica coa limitación de dominio de non situar obstáculos cunha altura superior a seis metros.