Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Sabaxáns, no concello de Mondariz (provincia de Pontevedra), por parte de Rocas de Porriño, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Rocas de Porriño, S.L., con domicilio en r/ Colón, 7, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 22 de agosto de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Sabaxáns de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Mondariz, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2900, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 25' 40''42º 17' 00''

Vértice 28º 24' 40''42º 17' 00''

Vértice 38º 24' 40''42º 16' 00''

Vértice 48º 25' 40''42º 16' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial. Pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra