Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza á empresa Gas Galicia SDG, S.A. o cambio das características do gas que subministra nas instalacións centralizadas de G.L.P. das urbanizacións Valenzana, Barrocanes (praza Quinientas) e Rúa do Vinteún de Ourense, pasando de propano a gas natural.

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na Área Central-r/ Lisboa s/n, local 31-HIJ, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 3 de maio de 1995, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia SDG, S.A., a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Ourense e San Cibrao das Viñas.

Segundo.-Por Resolución do 24 de outubro de 2000, a Delegación Provincial de Ourense autorizou a Gas Galicia o cambio de titularidade e a transmisión de autorizacións administrativas para a prestación da subministración de gas propano nas instalacións centralizadas de G.L.P., que pertencían a Repsol Butano, construídas nas urbanizacións de Valenzana, Barrocanes (praza Quinientas) e Rúa do Vinteún-praza Mil de Ourense.

Terceiro.-Con data do 28 de agosto de 2000, Gas Galicia SDG, S.A. solicitou, ó abeiro da Lei 34/1998 e o Decreto 2913/1973, polo que se aproba o Regulamento do servicio público de gases combustibles, o cambio das características do gas que subministra nas instalacións de referencia no concello de Ourense, de propano a gas natural.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste proxecto recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Ourense.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar á empresa Gas Galicia SDG, S.A., o cambio de gas que subministra nas instalacións relacionadas no anexo I, de propano a gas natural.

A presente autorización outórgase consonte ás seguintes condicións:

Primeira.-Tal e como se dispón no artigo 38 do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do servicio público de gases combustibles, ó variaren as características do gas subministrado, a empresa subministradora queda obrigada cos titulares dos contratos en vigor a substituír ou adaptar tódolos elementos das instalacións receptoras afectadas polos cambios, e aqueles aparellos de utilización declarados no contrato e, se é o caso, o contador, sen que este poida reportar ningún custo para o usuario.

Segunda.-As instalacións receptoras de gas, a partir da conexión, tanto as comúns como as individuais, deberán cumprir o disposto no Regulamento de instalacións de gas en locais destinados a usos domésticos, colectivos ou comerciais e normas complementarias.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se for o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación.

Santiago de Compostela, 6 de febrero de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

ANEXO I

Urbanización Valenzana

EnderezoPortalCidade

Valenzana98Barbadás

Valenzana100Barbadás

Valenzana102Barbadás

Urbanización Barrocanes (Praza Quinientas)

EnderezoPortalCidade

Praza Quinientass/nBOurense

Praza Quinientass/nDOurense

Praza Quinientass/nFOurense

Praza Quinientass/nHOurense

Praza Quinientass/nIOurense

Praza Quinientass/nJOurense

Praza Quinientas3Ourense

Praza Quinientas5COurense

Praza Quinientas7Ourense

Praza Quinientas9GOurense

Urbanización Rúa do Vinteún-Praza Mil

EnderezoPortalCidade

Rúa do Vinteún-Praza Mil1Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil2Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil3Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil4Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil5Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil6Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil7Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil8Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil9Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil10Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil11Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil12Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil13Ourense

Rúa do Vinteún-Praza Mil14Ourense