Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Guláns, 2874.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por Resolución do 5-12-2000 se lle outorgou á Comunidade de Montes de San Cibrán de Guláns o permiso de investigación denominado Guláns, 2874, de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra; as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 33' 00''42º 09' 40''

28º 33' 20''42º 09' 40''

38º 33' 20''42º 10' 00''

48º 33' 00''42º 10' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra