Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-175/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do

8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 14 de febreiro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-175/2000.

Denunciado: Jorge Álvarez Rebolo.

DNI: 33.308.649-A.

Enderezo: r/ Dª Urraca, nº 48-baixo, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana nun tramo coutado, sen estar en posesión do permiso regulamentario. Feitos constatados o día 7-6-2000, ás 21.50 h no río Miño-couto de Ombreiro. Lugo.

Precepto sancionador: 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.