De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 14 de febreiro de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
-Expediente nº: P-181/2000.
Denunciado: Juan Argerey Ríos.
DNI: 33.860.645-E.
Enderezo: avda. da Coruña, nº 213-4º esq., Lugo.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en día inhábil (luns non festivo), así como non estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor. Feitos constatados o día 12-6-2000, ás 20.15 h no río Miño-Ponteareas-zona libre. O Páramo. Lugo.
Precepto sancionador: 34.1º, 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Sanción: 75.000 pesetas de multa.
Cualificación da infracción: menos grave.
Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.