Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios relacionados 787/2000 e once máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, por non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18, 5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis

meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándese para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 21 de febreiro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. nº/

ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

787/2000-IJosé Lois Dobarro

DNI: 34.992.035

R/ Uruguay, 55, 2º A

32500 O Carballiño (Ourense)

Abandono de vehículo OR-6171-EArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

776/2000-IMáximo Vázquez Castro

DNI: 34.928.116

As Forcadas. Chandrexa de Queixa. 32786 OurenseAbandono de vehículo OR-6472-CArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

757/2000-ITomás Rodríguez Rumilla

DNI: 34.926.200

A Conga, 1, 1º B. 32400

Ribadavia (Ourense)

Abandono de vehículo OR-8887-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

753/2000-IEnrique L. Morais de Melo

OR-007249

Quins. Melón. 32411 OurenseAbandono de vehículo PO-4443-ACArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

718/2000-IJosé Inchaurraga Usaola

DNI: 14.488.378

Alborada, 7. 32002 OurenseAbandono de vehículo OR-8336-AArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

848/2000-IBenjamín Rodríguez González

DNI: 76.708.030

A Forxa. 32643 A Porqueira

(Ourense)

Abandono de vehículo PO-6649-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

797/2000-ILuis Ramos Sierra

DNI: 10.557.140

Conde de Fenosa, 19, 4º

32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Abandono de vehículo LU-6867-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

846/2000-IServando González Vázquez

DNI: 34.456.580

Rua Oliveira, 63

Vigo (Pontevedra)

Abandono de vehículo PO-4741-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

11/2001-IJosé Javier Pérez Pinto

DNI:36.106.816

R/ Cangas, nº 2, 7º esq.

Vigo (Pontevedra)

Abandono de vehículo Mercedes, modelo 407-DArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

15/2001-IEmilio Rodríguez Fernández

DNI: 11.019.880

Nogueiró-Outomuro

Cartelle (Ourense)

Abandono de vehículo M-732308Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

21/2001-ILourdes Nóvoa Gómez

DNI: OR-010196

Boborás. 32514 OurenseAbandono de vehículo 2-OR-2520Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

30/2001-IManuel Traveso Salgado.

DNI: 34.903.603

Sta. Bárbara, 8, 2º

32005 Polvorín (Ourense)

Abandono de vehículo OR-3531-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000