Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001 pola que se corrixen erros na do 12 de febreiro de 2001 pola que se someten a información pública o proxecto de solución ó problema dos asolagamentos da Terra Chá, fases I e II, zona Terra Chá Centro (Abadín, Castro de Rei e Cospeito) e mailo seu estudio ambiental.

Detectado erro na redacción da resolución do epígrafe, corríxese esta nos seguintes termos:

Onde di: «Así mesmo, sométese ó trámite de información pública durante o mesmo período de tempo,

o estudio de efectos ambientais contido no proxecto de referencia, segundo o disposto pola Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia. O devandito estudio estará exposto para estes efectos nos lugares citados e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo (Ronda da Muralla, 70)».

Debe dicir: «Así mesmo, sométese ó trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de referencia, segundo o disposto

pola Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 442/1990, do 13 de decembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia. O devandito estudio estará exposto para estes efectos nos lugares citados e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo (Ronda da Muralla, 70)».

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia