Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación dunha consultoría e asistencia para o Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.0/01.

2. Obxecto do contrato:

Actualización e ampliación dos modelos socioeconómicos de Galicia para reproduci-lo comportamento global do sistema socioeconómico de Galicia.

3. Prazo de execución: oito meses, seguindo o calendario fixado no punto 3 do prego de prescricións técnicas.

4. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

5. Orzamento base de licitación: 30.000.000 de ptas. (180.303,63 euros).

6. Garantía provisional: 600.000 ptas. (3.606,07 euros).

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado de Rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro, s/n, Santiago

de Compostela, CP 15703. Teléfono 981 54 13 21 e fax 981 54 13 23.

9. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non existe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro do IGE, de 9 ás 14 horas ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de ofertas económicas: o quinto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística