Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.000

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 51/2001, do 22 de febreiro, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Calvos de Randín e Muíños.

O Concello de Calvos de Randín, con data de 15 de xaneiro do 1998, solicita inicio de expediente de deslindamento para determina-la liña límite no tramo comprendido entre os marcos 12, 13 e 14 do seu termo municipal co do concello de Muíños. Remitindo o Concello de Calvos de Randín a documentación á Xunta

de Galicia con data de 12 de abril de 1999 e o Concello de Muíños con data do 27 de maio de 1999.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido nas leis 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe con data 13 de setembro de 1999, presentando alegacións ó mesmo ámbolos concellos dentro do prazo concedido para o efecto.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslinde dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial, e logo do dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Con

sello da Xunta de Galicia, na súa reuníon do día vintedous de febreiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Resolve-la cuestión suscitada entre os concellos de Calvos de Randín e Muíños, sobre o deslindamento dos seus termos municipais, no sentido de considerar válida e vixente a liña límite xurisdiccional no tramo 12 e 13 segundo se describe na acta de deslindamento de 8 de xullo de 1935, e a provisionalidade da liña entre os marcos 13 e 14 recoñecendo o marco A de conformidade coas actas de deslinde de 5 de xaneiro de 1897 e de 26 de setembro de 1925, tal e como se reflicte na ortofoto a escala 1:5.000 do Instituto Xeográfico Nacional que se recolle como anexo deste decreto.

Santiago de Compostela, vintedous de febreiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais