Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.948

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (63/2000).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 63/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Arzúa, tres de maio de dous mil.

Vistos por min, Ana María Brañas Casas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, estes autos de xuízo de faltas nº 63/2000, nos que foron partes o fiscal e como denunciante María José Villamor Mato e, como denunciado, José Antonio Morujosa Carreira, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución e en nome de El-Rei, dicto a seguinte sentencia.

Decido que debo condenar e condeno a José Antonio Morujosa Carreira, como autor responsable de dúas faltas de lesións xa definidas, á pena de multa dun mes a razón de 200 pesetas diarias, por unha falta de lesións e á pena de multa a razón de 200 pesetas diarias por unha falta de maltrato de obra.

Non se concede indemnización ningunha á denunciante, María José Villamor Mato, ó renunciar a ela no acto de xuízo.

Condénase o denunciado ó pagamento das custas do proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a María José Villamor Mato, actualmente en

paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa, cinco de febreiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado