Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (César Miguel Martín Oria e Antonia Rodríguez Ferrer).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, polo que se relacionan liquidacións complementarias, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Ourense, en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Pérez Lista 11, 1º no Barco de Valdeorras.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 2 de febreiro de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: César Miguel Martín Oria.

DNI: 2.873.380.

R/ Constitución, 18, O Barco de Valdeorras, Ourense.

Procedemento: liquidacións complementarias.

Expediente: 76/1998.

Interesada: Antonia Rodríguez Ferrer.

DNI: 34.686.020.

R/ Baiona A Real, 34, Nigrán. Pontevedra.

Procedemento: liquidacións complementarias.

Expediente: 115/2000.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA