Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada PO-351 Couso-Tomiño, clave: N/PO/89.3.1, termos municipais de Gondomar e Tomiño.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B (construcción, conservación e explotación de estradas).

Con data do 22 de setembro de 1999, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras de acondicionamento da estrada PO-351, Couso-Tomiño, clave: N/PO/89.3.1, termos municipais de Gondomar e Tomiño, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 25 de febreiro de 2000, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 45/2000, publicado no DOG nº 46, do 7 de marzo.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 1956 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Gondomar:

Día: 26 de marzo de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 1.001 ó último predio.

Casa do Concello de Tomiño:

Día: 27 de marzo de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 001 ó predio nº 075.

Día: 28 de marzo de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 076 ó predio nº 135.

Día: 29 de marzo de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 136 ó predio nº 210.

Día: 30 de marzo de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 211 ó predio nº 290.

Día: 2 de abril de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 291 ó predio nº 361.

Día: 3 de abril de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 362 ó predio nº 430.

Día: 4 de abril de 2001.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 431 ó último predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas nos concellos de Gondomar, e Tomiño, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto, nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución; poderán ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que coiden pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó cita-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2001.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra