Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave PO/99/2.2 e dúas máis.

a) Obra.

1. Reparación e ampliación da ponte na illa da Toxa.

Clave: PO/99/2.2.

Orzamento: seiscentos noventa e seis millóns duascentas unha mil cincocentas cincuenta e cinco pesetas (696.201.555), equivalentes a (4.184.255,62 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Acondicionamento da estrada LU-133 Vilamar-Reme. Treito: Vilamartín Grande-Covelas.

Clave: LU/98/149.1.

Orzamento: douscentos noventa e cinco millóns oitocentas sesenta e nove mil trescentas sesenta e cinco pesetas (295.869.365), equivalentes a (1.778.210,70 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Acondicionamento da estrada OU-310 de Verín a Vilardevós. Treito: Verín-enlace coa autovía Rías Baixas.

Clave: OU/98/145.1.

Orzamento: douscentos oitenta e seis millóns sesenta mil novecentas vintedúas (286.060.922) pesetas, equivalentes a 1.719.260,77 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d.

Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000 do 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16

de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda