Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican reclamacións correspondentes ós expedientes instruídos pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentadas as notificacións non se puideron efectuar (expediente XA 20 e 82/2000).

Por esta cédula notifícaselles ós reclamados, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo desta cédula, a formulación contra eles das reclamacións que se relacionan no citado anexo e que deron lugar, cos números que se indican, á instrucción dos correspondentes expedientes pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, sinalándose as súas vistas na data e hora establecidas na relación adxunta.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados, de enderezo descoñecido, ou ben porque intentadas as notificacións non se puideron efectuar, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: XA 20/2000.

Demandante: José Manuel Sánchez Fandiño.

Demandado: S.T. Nº 45 Nueva Logística y Almacenaje.

Último enderezo coñecido: parroquia de Cortiñán, F-15, polígono de Bergondo, Bergondo (A Coruña).

Feito demanda: non pagamento de portes.

Data: xuño e xullo de 1999.

Contía demanda: 493.000 ptas.

Data vista Xunta Arbitral: 24 de abril de 2001, 16.30 horas.

Lugar: Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, edif. Área Central, praza Europa 5-2º A, Santiago de Compostela.

Expediente: XA 82/2000.

Demandante: Tte. Distribución y Servicio, S.A.

Demandado: Gallega de Licores Gondomar.

Último enderezo coñecido: r/ Areal, 18-2º, oficina 5, Vigo.

Feito demanda: non pagamento de portes.

Data: decembro de 1997/xaneiro e abril 1998.

Contía demanda: 164.039 ptas.

Data vista Xunta Arbitral: 24 de abril de 2001, 16.45 horas.

Lugar: Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, edif. Área Central, praza Europa 5-2º A, Santiago de Compostela.