Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.947

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (261/1999).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 261/1999 se acordou citar a David Tchitchinaaze (o Thithino), co fin de que o vindeiro día dez de abril e ás dez trinta compareza perante este

xulgado, sito na rúa Lugo números 45 e 47, como denunciado, co fin de asistir á celebración do preceptivo xuízo de faltas, por accidente de circulación ocorrido o día 29 de setembro de 1999.

Fáiselle saber que se atopan ó seu dispor os autos na secretaría deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de citación ó denunciado, David Tchitchinaaze (o Thithino), con residencia actual en Xeorxia; e, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa o cinco de febreiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado