Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.741

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional da categoría 031 (titulado superior de formación ocupacional) do grupo I, a categoría 037 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II, e a categoría 030 (auxiliar de formación ocupacional) do grupo IV (lista B).

Finalizado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 031 (titulado superior de formación ocupacional) do grupo I, a categoría 037 (titulado medio

de formación ocupacional) do grupo II, e a categoría 030 (auxiliar de formación ocupacional) do grupo grupo IV (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo I a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais da categoría 031 (titulado superior de formación ocupacional) do grupo I, a categoría 037 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II, e a categoría 030 (auxiliar de formación ocupacional) do grupo IV (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Facer pública como anexo II a esta resolución a relación de aspirantes que, de acordo coa resolución pola que se fan públicas as listas provisionais, foron non admitidos na lista provisional e, unha vez vista a súa alegación, superaron a dita puntuación.

Terceiro.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Ley 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas correspondentes.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco día hábiles (artigo 50 da Ley 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo I. Categoría 031 (titulado superior de formación ocupacional).

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

32.777.560Aboy CarralMarta María0000000,7500,75

36.096.273Fernández GómezFabián00000,600,750,111,46

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

35.308.235Garrido MuíñosAna Mary0000000,7500,75

33.155.027Río del RíoEnrique del000001,50,7502,25

Grupo II. Categoría 037 (titulado medio de formación ocupacional).

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

34.270.407CiernaIsable000001,50,750,312,56

33.322.154Méndez CancioManuel0000000,7500,75

Grupo IV. Categoría 030 (auxiliar de formación ocupacional).

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B8B7B6Total

32.760.217Pestaña FreireBlas0000000,751,52,25

34.980.656Gil FoxMª José00000,200,751,52,45

32.757.587Vázquez RoelAna0000000,50,5

ANEXO II

Grupo IV. Categoría 030 (auxiliar de formación ocupacional).

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

32.769.521Bóveda CayazzoEduardo00,30000,400,50,7512,95