Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.740

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 18 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 20 de febreiro de 2001, resolucións estimatorias dos recursos formulados, respectivamente, por Susana Vázquez Álvarez e Car

me María Vidal Reimúndez, contra a Resolución do 18 de decembro de 2000, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 18 de decembro de 2000 (DOG nº 250, do 28 de decembro), lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións das interesadas, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 18 de decembro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo superior da Xunta de Galicia, grupo A, cos datos seguintes:

Susana Vázquez Álvarez, DNI: 76.619.495, lista B. Puntuación: 0,950 puntos; no posto número 206 para o ámbito D0000, no posto número 141 para o ámbito

D1500, no posto número 104 para o ámbito D2700, no posto número 84 para o ámbito D3200 e no posto número 114 para o ámbito D3600.

Carme María Vidal Reimúndez, DNI: 78.787.369, lista B. Puntuación: 3,150 puntos; no posto número 54 para o ámbito D0000, no posto número 29 para o ámbito D1500, no posto número 19 para o ámbito D2700, no posto número 16 para o ámbito D3200 e no posto número 23 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública