Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.742

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 2.442, onde di: «Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común», debe dicir: «Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción

contencioso-administrativa».

-Na páxina 2.443, no ámbito territorial X2752-Mondoñedo, onde di: «Trabazo», debe dicir: «Trabada», no ámbito X2753-Monforte de Lemos, onde di: «Antón», debe dicir: «Pantón», no ámbito X3251-Allariz, onde di: «Xunqueira de Espasandín», debe dicir: «Xunqueira de Espadañedo», no ámbito X3252-Celanova, onde di: «Padendra», debe dicir: «Padrenda».

-Na páxina 2.444, no ámbito X3256-Xinzo de Limia, onde di: «Calvos de Radín», debe dicir: «Calvos de Randín», no ámbito X3651, onde di: «A Pobra de Brollón», debe dicir: «Pazos de Borbén», no ámbito X3652-Lalín, onde di: «Cerdeda», debe dicir: «Cerdedo».