Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico de Masgalán-Campo do Coco, situado nos concellos de Forcarei, Lalín e Silleda (Pontevedra), promovido por Gamesa Energía, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 19 de decembro de 2000 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Masgalán-Campo do Coco, nos concellos de Forcarei, Lalín e Silleda (Pontevedra) promovido por Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Parque eólico de Masgalán-Campo do Coco. Proyecto de ejecución. Octubre de 1999.

-Parque eólico de Masgalán-Campo do Coco. Estudio de Impacto Ambiental. Noviembre de 1999.

-Parque eólico de Masgalán-Campo do Coco. Anexo al proyecto de ejecución. Julio de 2000.

-Estudio faunístico y cartografía de vegetación de la Sierra de Candán. Septiembre de 2000.

-Planta general Parques Eólicos Masgalán-Campo do Coco, Ameixeiras-Testeiros y L.A.T. de Evacuación. Octubre 2000.

-Escrito de renuncia a la instalación del aerogenerador A-24 y solicitud de substitución por la posición de reserva R-1, de novembro de 2000.

-Coordenadas de los aerogeneradores del P.E. Masgalán-Campo do Coco.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionamentos

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación e explotación dun parque eólico de 49,5 MW de potencia total, nos concellos de Forcarei, Lalín e Silleda (Pontevedra), constituído por 75 aeroxeradores modelo GAMESA G 47 de 660 kW de potencia unitaria, distribuídos en varias aliñacións dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas U.T.M.:

Vértice XVértice Y

559.0004.723.000

562.0004.723.000

562.0004.722.000

560.0004.721.000

560.0004.719.000

561.0004.718.000

561.0004.717.000

562.0004.716.000

561.5004.715.000

560.5004.715.000

559.5004.715.500

559.5004.714.500

562.5004.713.500

562.0004.712.000

559.0004.712.000

558.5004.714.000

557.5004.716.000

556.0004.717.000

556.0004.718.000

557.0004.719.000

558.0004.718.000

Vértice XVértice Y

558.0004.719.000

557.0004.721.000

558.0004.722.500

559.0004.722.000

Tendo en conta o exposto nos puntos seguintes, exclúense expresamente do ámbito da presente DIA os aeroxeradores e infraestructuras asociadas que se indican:

-Os denominados aeroxeradores de reserva R-7 a R-12, reflectidos no plano Planta general Parques Eólicos Masgalán-Campo do Coco, Ameixeiras-Testeiros y L.A.T. de Evacuación. Octubre 2000, xunto coa súa vía de acceso, xa que non están incluídos no proxecto nin no estudio de impacto ambiental.

-Os denominados aeroxeradores de reserva R-2 a R-6, tendo en conta que, para tódolos efectos, unicamente constitúen propostas de posicións alternativas para seren empregadas no caso de que fose necesario modificar substancialmente a localización dalgún dos aeroxeradores proxectados e, dado que, atendendo ó exposto no punto 5.2 desta DIA, as posicións reflectidas para estes supoñen unha fragmentación excesiva das áreas de campo da avifauna de maior valor ecolóxico presente na zona. A exclusión inclúe as vías 1-1 e 1-1a que lles dan acceso.

-Así mesmo dado que o promotor renuncia á instalación do aeroxerador A-24, proxectado en terreos pertencentes ó concello de Lalín, exclúese tamén este aeroxerador do ámbito da DIA, sendo substituído por outro aeroxerador que se localizará na posición de reserva R-1, en terreos do concello de Forcarei.

Atendendo ó exposto nos puntos 4 e 6 desta DIA, procederase ó desprazamento dos seguintes aeroxeradores e infraestructuras asociadas:

-Os aeroxeradores A-1 e o de reserva R-1 anteriormente mencionado desprazaranse, se é o caso, ata localizarse fóra da zona de afección de 30 m da estrada PO-200 actual e da prevista no proxecto de acondicionamento do treito Laro-Aciveiro, de acordo co indicado no punto 4 da DIA.

-Os aeroxeradores A-4, A-19 e A-73, xunto cos seus correspondentes tramos de vía e gabia do cableado desprazaranse fóra do ámbito de exclusión de 50 m dos respectivos xacigos arqueolóxicos localizados nas súas inmediacións. Así mesmo, procederase ó desprazamento, fóra do ambito de exclusión de 50 m, da vía e a gabia do cableado no contorno do xacigo GA36018047 (A Barreira), situado ó SE do aeroxerador A-75, segundo o indicado no punto 6 da presente DIA.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico, agás para o indicado nos parágrafos anteriores, será a que se recolle no plano Parque eólico Festeiros (Masgalán-Campo do Coco). Distribución General. Plano nº 6353-200. Rev 0. Hojas 1 a 4, do estudio de impacto ambiental.

Isto implica que os planos CANDÁN-01, 02, 03 e 04 incluídos no documento Estudio faunístico y cartografía de vegetación de la Sierra de Candán. Septiembre de 2000, unicamente son válidos para os efectos de reflecti-la distribución dos hábitats naturais presentes na zona.

A localización e coordenadas U.T.M. dos aeroxeradores R-1, A-1, A-4, A-19 e A-73, así como o trazado das vías e gabias do cableado no contorno destes aeroxeradores e nas inmediacións do xacigo GA36018047 (A Barreira), estableceranse unha vez sexa recibida, avaliada e recibido informe favorable a documentación requirida no punto 10.1 desta DIA.

As coordenadas U.T.M. dos 70 aeroxeradores que presentan unha localización definida, en función do exposto nos parágrafos precedentes, son as seguintes:

AeroxeradorU.T.M. XU.T.M. Y

A-2559.209,2524.718.954,451

A-3559.298,8504.718.833,242

A-5559.453,3504.718.584,217

A-6559.563,0604.718.482,000

A-7559.734,5804.718.360,200

A-8559.748,8844.718.203,808

A-9559.786,0294.718.056,445

A-10559.896,1424.717.952,216

A-11560.414,8174.718.302,639

A-12560.472,1064.718.169,466

A-13560.466,4074.718.018,596

A-14560.424,0884.717.876,906

A-15560.395,0214.717.731,254

A-16560.323,3354.717.577,684

A-17560.329,3344.717.398,020

A-18560.329,3344.717.258,248

A-20560.367,7264.716.969,406

A-21560.342,5314.716.806,839

A-22560.392,0224.716.666,167

A-23560.483,1374.716.534,505

A-25560.434,6134.716.218,056

A-26560.419,6164.716.021,896

A-27560.372,6274.715.757,803

A-28560.457,8614.715.607,904

A-29560.510,0844.715.451,593

A-30560.546,8104.715.322,362

A-31560.570,0004.715.170,000

A-32560.652,8514.715.066,066

A-33558.602,2804.716.533,593

A-34558.674,5654.716.405,519

A-35558.808,3384.716.339,532

A-36558.966,4074.716.266,947

A-37559.013,4974.716.096,581

A-38558.984,7034.715.870,726

A-39559.098,9804.715.746,551

A-40559.166,7674.715.624,175

A-41559.134,3734.715.394,421

A-42558.675,7654.715.570,186

A-43558.715,3574.715.430,114

A-44558.766,6474.715.316,437

AeroxeradorU.T.M. XU.T.M. Y

A-45558.972,1064.715.190,162

A-46559.110,3784.715.099,580

A-47559.203,9594.714.969,406

A-48559.300,8404.714.869,526

A-49559.400,4204.714.747,451

A-50558.259,3114.715.708,768

A-51558.352,2114.715.563,592

A-52558.445,1114.715.418,416

A-53558.490,7024.715.268,746

A-54558.526,9954.715.141,272

A-55558.676,3654.715.021,896

A-56558.736,6534.714.861,128

A-57558.820,3364.714.747,451

A-58558.824,2354.714.574,685

A-59558.875,8254.714.446,311

A-60558.963,7074.714.356,329

A-61559.032,1734.714.146,192

A-62559.208,4584.714.109,178

A-63559.305,6394.714.005,099

A-64559.362,9274.713.897,421

A-65559.493,7014.713.817,636

A-66559.682,6634.713.629,274

A-67558.783,2254.714.169,406

A-68558.865,0004.713.944,750

A-69558.883,9014.713.471,224

A-70558.878,5494.713.312,146

A-71558.948,3674.713.169,203

A-72558.918,9364.713.011,933

A-74558.890,2724.712.701,461

A-75558.996,7644.712.584,241

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Nos períodos de seca procederase á humectación das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po, limitando, así mesmo, estas operacións ós períodos nos que a velocidade do vento sexa inferior a 10 km/h, tal como se indica no estudio ambiental.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas dos núcleos habitados de Lamasgalán de Arriba, Forno, A Rochela e A Noveliza non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, polo que o promotor deberá presentar unha proposta de estudio acústico, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica, segundo o requirido no punto 10.2 da presente DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga precisará da autorización de Augas de Galicia, segundo se establece na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e no R.D. 849/1986, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Neste sentido, tamén é necesaria a autorización de captación de auga para o seu uso no edificio de control.

Non se acumularán terras, entullo, refugallos de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de escorrega superficial, chuvias ou crecidas do caudal. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

As instalacións de obra situaranse arredadas de calquera zona hidromorfa (temporal ou permanente) ou curso de auga, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 10.1 desta DIA.

Os labores de mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de contaminación por derrames accidentais. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (non autorizada para circular por estradas, por exemplo), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o chan con materiais impermeables.

Os aceites, graxas e outros residuos xerados nestas tarefas de mantemento deberán ser recollidos en contedores axeitados e entregados a un xestor autorizado debidamente acreditado. Mentres non se produza a entrega ó xestor, estes contedores almacenaranse na zona destinada a instalacións de obra, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Na fase de funcionamento, os aceites dos transformadores eléctricos, graxas e calquera outro residuo que se poida xerar, deberá ser xestionado conforme a súa natureza, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Os contedores almacenaranse no edificio de control ata a súa entrega ó xestor. Respecto dos residuos perigosos xerados, o promotor deberá tramita-la correspondente inscrición no rexistro de pequeno productor de residuos perigosos.

Tal como se indica no proxecto, as augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos do edificio de control serán levadas ata a fosa séptica prevista, que se deberá limpar periodicamente, xestionando os lodos obtidos conforme o estipulado regulamentariamente.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulte afectada, tanto na fase de obras como na de funcionamento realizarase un seguimento específico

da súa calidade, polo que o promotor deberá presentar unha proposta de plan para o control da calidade das augas, de acordo co requirido no punto 10.3 desta DIA.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obras e un balizamento previo destes, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente proxectados. O balizamento de obra manterase en perfecto estado durante o seu transcurso, sendo retirado cando esta finalice. A circulación de maquinaria no parque restrinxirase ás vías.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse segundo as especificacións contidas no Proyecto de ejecución Parque eólico de Masgalán-Campo do Coco. Octubre 1999, non podendo supera-los valores sinalados para cada unha delas.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén. En calquera caso, se tralo recheo das gabias do cableado e dos ocos da cimentación dos aeroxeradores, existise aínda material sobrante das escavacións, será levado e depositado en lugar autorizado por órgano competente. Así mesmo, no caso de precisarse materiais de préstamo, deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción, lixo, entullo, así como os materiais sobrantes de obra, serán xestionados de acordo coa súa natureza e retirados cando esta finalice, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Neste sentido, primarase a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. Tendo en conta que na zona denominada Alto da Penadoira, a estrada PO-200 será sometida a acondicionamento no treito Laro-Aciveiro (entre os p.k. 21 e 22), os aeroxeradores A-1 e o previsto na posición de reserva R-1 deberán quedar fóra da zona de afección, que é de 30 m medidos desde a aresta exterior de esplanación, da estrada actual e da prevista no proxecto de mellora.

Para tal fin o promotor presentará un documento técnico que recolla o detalle das modificacións de proxecto que fose necesario introducir para cumprir este requisito, de acordo co requirido no punto 10.1 da DIA. Terase en conta que para a realización de cruzamentos coa devandita estrada deberá solicitarse a autorización da Subdirección Xeral de Estradas.

5. Protección da fauna, vexetación e hábitats.

5.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tanto na fase de construcción como na de funcionamento, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola construcción e presencia do parque eólico.

Para tal efecto elaborarase un plan de seguimento e vixilancia da incidencia do parque sobre a avifauna, de acordo co requirido no punto 10.5 da presente DIA.

Así mesmo, tendo en conta que os denominados aeroxeradores de reserva R-2 a R-6, supoñen unha fragmentación excesiva das áreas de campeo da avifauna de maior valor ecolóxico presente na zona, principalmente bufo real (Bubo bubo), falcón peregrino (Falco peregrinus), aguia real (Aquila chrysaetos), rapina cincenta (Circus pygargus), aguia albela (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus) e avetarda pequena (Otis tetrax), estímase a súa exclusión do ámbito da presente DIA.

Respecto doutros vertebrados, dada a importante presencia de morcegos na zona, realizarase un seguimento da posible incidencia do parque sobre as súas poboacións, polo que deberá presentarse o correspondente plan de seguimento, de acordo co requirido no punto 10.6 da DIA.

5.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose sempre mediante sistemas de roza.

Calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización ou informe, segundo o caso, do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se establece na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse á súa trituración e espallamento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

5.3. Sobre os hábitats naturais.

Dado o importante desenvolvemento da rede hidrolóxica na área do parque, e a súa directa relación co mantemento das características ecolóxicas das formacións de turbeira e queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas presentes na zona, as accións de obra levaranse a cabo con especial coidado nas áreas de influencia destas formacións, empregando mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-la incorporación de sólidos, tanto ós cursos de auga como ás propias formacións.

No mesmo sentido, as drenaxes transversais das vías distribuiranse de xeito que non se modifique o actual réxime hídrico da zona. Indicarase e xustificarase a localización de tódolos dispositivos de drenaxe previstos e realizarase un control do seu funcionamento, de acordo co requirido no punto 10.4 da presente DIA.

A achega das augas de drenaxe de pluviais á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas de disipación de enerxía co fin de evitar modificacións do caudal habitual dos regos, erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na súa traxectoria de incorporación ós cursos naturais.

6. Protección do patrimonio cultural.

Para evitar posibles afeccións establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Co fin de evita-lo impacto crítico sobre o xacigo GA36018006 (mámoa do Alto do Rofete/O Castelo), procederase ó desprazamento do aeroxerador A-73, a vía e a gabia do cableado fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

No caso do impacto crítico sobre o xacigo GA36018018 (ermida de San Bieito), levarase a cabo o desprazamento do aeroxerador A-19, a vía e a gabia fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

Co fin de evita-lo impacto severo sobre o xacigo GA36018029 (mámoa do Carballo Torto), procederase ó desprazamento do aeroxerador A-4, a vía e a gabia de conducción do cableado fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

No caso do impacto severo sobre o xacigo GA36018047 (A Barreira), desprazaranse a vía e a gabia do cableado fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

En todo o ámbito do parque eólico deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figure a localización dos elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (aquelas obxecto de control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

Baseándose nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

7. Protección dos valores paisaxísticos.

Tal como se indica no estudio ambiental, empregaranse cores pouco rechamantes e tons mates no acabamento dos aeroxeradores e das liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, telefónicas, etcétera, estarán soterradas.

No edificio de control, nas zonas previstas, o paramento exterior será a base de granito silvestre. Así mesmo, a pintura nas zonas non cubertas de granito terá tons mates e cor pouco rechamante.

O desenvolvemento do plan de restauración requirido no punto 10.7 desta DIA, xunto co seguimento posterior da súa efectividade, deberá garanti-la integración paisaxística das restantes infraestructuras do parque eólico.

8. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores do parque deberanse instalar torretas con balizas de sinalización, de acordo coa normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que delimiten e definan os aliñamentos dos aeroxeradores.

9. Restauración.

Tódolos terreos afectados pola execución das obras deberán ser recuperados mediante revexetación que restitúa na medida do posible a vexetación autóctona presente na zona, garantindo o seu mantemento ó longo do tempo.

Para tal fin, conforme o requirido no punto 10.7 desta DIA, presentarase un proxecto de restauración que inclúa a descrición detallada de tódalas accións que se vaian realizar, localización e extensión das superficies que se vaian restaurar, volume, situación, criterios de protección e mantemento das achegas de terra vexetal, xustificación da selección de especies que se van empregar, densidade, doses e metodoloxía da revexetación, programa de actuacións e plan de seguimento da súa efectividade.

O programa de execución incluirá unha actuación progresiva, de xeito que se desenvolva conforme a que as diferentes superficies por restaurar acaden o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastre de materiais e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Así mesmo, o proxecto de restauración incluirá tódalas actuacións previstas na fase de desmantelamento e abandono do parque unha vez rematada a vida útil da instalación, tendo en conta os usos futuros da área afectada.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, no prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas

protectoras e/ou correctoras adicionais que deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Documento técnico que recolla as modificacións que se introducirán no proxecto para dar cumprimento ós puntos 4 e 6 desta DIA, respecto do desprazamento dos aeroxeradores R-1, A-1, A-4, A-19 e A-73, así como do trazado de vías e gabias do cableado no contorno destes aeroxeradores e nas inmediacións do xacigo GA36018047 (A Barreira). Incluirase unha lista de coordenadas U.T.M. dos aeroxeradores na súa localización final proposta.

Así mesmo, sen prexuízo dos planos de detalle que se estime oportuno incluír, debe xuntarse dun plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M., no que se reflictan tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas no parque, de acordo co indicado no punto 1 desta DIA, xunto coa localización prevista para as instalacións de obra.

10.2. Estudio acústico para o control das emisións durante as fases de construcción e funcionamento do parque, conforme o indicado no punto 2.2 da presente DIA. Terase en conta que debe incluí-la realización dunha medición na fase preoperacional. As medicións deben ser efectuadas por entidade homologada, e os informes de resultados presentaranse asinados por técnico desa entidade.

10.3. Proposta dun plan para o control da calidade das augas na área do parque, durante as fases de construcción e funcionamento, segundo o indicado no punto 3 desta DIA. Conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

-Descrición detallada da rede hidrográfica na área do parque, tanto permanente como estacional, localización e descrición das afeccións previstas e medidas protectoras e correctoras que se aplicarán. A devandita información reflectirase, ademais, nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M.

-Proposta xustificada de puntos de control para a recolla de mostras, parámetros mínimos por analizar e técnica analítica empregada.

-Frecuencia da toma de mostras, tanto na fase de obras como na de funcionamento do parque. Terase en conta que previamente ó inicio das obras se realizará unha primeira campaña co obxecto de dispor dun albo que permita a comparación coas posteriores análises. Comunicarase a esta dirección xeral a data prevista para a toma do albo, co obxecto de realizar, se é o caso, unha mostraxe simultánea por parte da Consellería de Medio Ambiente. Tódalas análises serán realizadas por laboratorio homologado.

10.4. Proposta dun plan para o control do funcionamento e evolución da rede de drenaxe superficial e subsuperficial na área do parque, tanto na fase de obras como na de funcionamento, en relación ós hábitats naturais presentes na zona, de acordo co indicado no punto 5.3 desta DIA. Indicarase e xustificarase a localización de tódolos dispositivos de drenaxe previstos, reflectíndoos nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M., con indicación dos fluxos de auga e a área drenada en relación ás infraestructuras proxectadas.

10.5. Proposta dun plan de seguimento e vixilancia da incidencia do parque eólico sobre as poboacións de aves, conforme o indicado no punto 5.1 desta DIA. Recollerá, como mínimo, a inclusión dos seguintes puntos:

-Descrición e xustificación da metodoloxía empregada nos censos poboacionais e a localización de aves accidentadas por colisión, co fin de detectar situacións de risco producidas pola presencia do parque, para o que deberán definirse limiares de alerta e inadmisibles, así como da aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas correctoras específicas.

-Definición de medidas protectoras, correctoras, ou, se é o caso, compensatorias que adoptarán en función das situacións de risco indicadas no punto anterior.

-Indicación da frecuencia das visitas de comprobación, tendo en conta a fenoloxía das especies incluídas no plan vixilancia, que deberá centrarse nas reflectidas no documento Estudio faunístico y cartografía de vegetación de la Sierra de Candán. Septiembre de 2000, sen obvia-las migratorias e aquelas de interese cinexético. Incluirase a realización de campañas preoperacionais para aquelas especies non caracterizadas no devandito documento.

-Método de rexistro, tratamento e presentación dos resultados obtidos, estimación de índices de colisión e a súa variación estacional e estudio de voo que caracterice a frecuencia, variación horaria e variación estacional dos movementos de aves na zona de instalación do parque.

10.6. Proposta dun plan de seguimento e vixilancia da incidencia do parque sobre as poboacións de quirópteros, que conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

-Descrición e xustificación da metodoloxía empregada nas prospeccións poboacionais e a localización de quirópteros accidentados, indicando a frecuencia das visitas de comprobación.

-Definición de situacións de risco que indiquen a necesidade de adopción de medidas correctoras específicas, que deberán definirse en función dos limiares establecidos no plan.

10.7. Proxecto de restauración, de acordo co indicado nos puntos 7 e 9 desta DIA, integrado por memoria, planos, prego de condicións e orzamento, que deberá incluí-las medicións, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos desagregados, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

10.8. Estudio infográfico do parque eólico, acompañado dun plano no que se localicen os puntos de toma das fotografías que se empreguen como base para a fotomontaxe e se indique o ángulo aproximado abranguido por cada unha das imaxes. No plano sobreimpresionaranse o polígono do parque, os aeroxeradores, a subestación e as vías proxectadas.

10.9. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueo

lóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 6 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Previamente á fase de replanteo da obra, comunicarase a esta dirección xeral a data ou datas previstas para a súa realización.

Unha vez visado por esta dirección xeral o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo como mínimo 48 horas antes do seu comezo o cronograma de obras actualizado, que inclúa tódalas actividades que se van realizar, a execución das instalacións de obra e as medidas protectoras e correctoras.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras incluídas no estudio ambiental e dos condicionamentos da presente declaración. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou nos condicionamentos da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Durante a execución das obras, e con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

Con carácter trimestral presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición.

c) Resultados e conclusións das análises para o control da calidade das augas e resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe. As análises serán efectuadas por laboratorio homologado.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto polo promotor e o establecido na presente DIA, incidencias ou imprevistos

acontecidos, e que reflicta o cumprimento das condicións impostas na presente DIA, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías deberase indica-la data e hora de toma.

e) Plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle, en coordenadas U.T.M., onde se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, drenaxes, aeroxeradores, gabias para a conducción do cableado, subestación e edificio de control, etcétera.

11.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento do parque e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Definición das incidencias ou imprevistos acontecidos desde a emisión do último informe de obras, cos contidos indicados no devandito punto 11.1.d), indicando así mesmo o destino dos sobrantes de terras no caso de producírense, xestión aplicada á biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada en relación a tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e nos condicionamentos desta DIA.

b) Reportaxe fotográfica que mostre os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, subestación e edificio de control, estado das vías, noiros e cunetas, gabias do cableado, drenaxes, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, etcétera, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M., que reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando, así mesmo, as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

11.3. Seguimento ambiental semestral, contado desde o inicio da explotación, e durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento en que sexan obtidos.

b) Resultados e conclusións da campaña de análise da calidade das augas trala finalización das obras de construcción e resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros, conforme o indicado no punto 5.1 desta DIA.

d) Documentación acreditativa da inscrición no rexistro de pequenos productores de residuos perigosos.

e) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do desenvolvemento do proxecto de restauración, incluíndo os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das drenaxes, vías, noiros, cunetas, gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, así como detalle dos controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto polo promotor e das incidencias en relación a tódolos aspectos incluídos na DIA.

11.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá os mesmos contidos que o informe descrito no punto anterior.

11.5. Informe ambiental previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono das instalacións. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto no proxecto de restauración, xunto coa súa xustificación.

11.6. Informe posterior ó abandono: no prazo máximo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das accións levadas a cabo, con especial mención da xestión aplicada ós diferentes residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaranse inmediatamente a esta dirección xeral, e proporanse as medidas correctoras precisas para as corrixir.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Sen embargo, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na DIA.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medi

das propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, que o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio no proxecto Parque Eólico de Masgalán-Campo do Coco. Octubre de 1999 ou na restante documentación avaliada, deberá ser comunicado previamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e, se é o caso, aprobará, informando se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó ambiente, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de douscentos sesenta e un millóns cincocentas cincuenta e tres mil oitocentas oitenta e tres (261.553.883) pesetas. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento do proxecto de restauración requirido no punto 10.7 da presente DIA.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionamentos adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como na fase de explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non considerado actualmente.

12.7. Se, unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

12.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta,

incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

12.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

12.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto denominado Parque Eólico de Masgalán-Campo do Coco. Octubre de 1999, promovido por Gamesa Energía, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 75 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Forcarei, Lalín e Silleda (Pontevedra).

Os aeroxeradores disporanse en varias aliñacións ó longo da Serra do Candán, nos lugares coñecidos como Monte Chamor, As Porqueiras, Lamasgalán, A Rochela, Pena Castrillón, Abelao, Porto de Frade e Coco. A área de afección inclúese no interior do polígono definido polas seguintes coordenadas U.T.M.:

Vértice XVértice Y

559.0004.723.000

562.0004.723.000

562.0004.722.000

560.0004.721.000

560.0004.719.000

561.0004.718.000

561.0004.717.000

562.0004.716.000

561.5004.715.000

560.5004.715.000

559.5004.715.500

559.5004.714.500

562.5004.713.500

562.0004.712.000

559.0004.712.000

558.5004.714.000

557.5004.716.000

556.0004.717.000

556.0004.718.000

557.0004.719.000

558.0004.718.000

558.0004.719.000

557.0004.721.000

558.0004.722.500

559.0004.722.000

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

Número de aeroxeradores: 75.

Modelo: GAMESA G 47.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 49,5 MW.

Altura das torres: 55 m.

Diámetro do rotor: 47 m.

Producción neta anual prevista: 145.926 MWh/año.

Investimento previsto: 6.538.847.072 ptas.

A obra civil inclúe a creación duns 23.000 m de vías de acceso e servicio ós aeroxeradores, cun largo de rodadura de 5 m, dotadas de cunetas e drenaxes transversais, labores de cimentación dos aeroxeradores e escavación duns 25.000 m de gabias para a conducción do cableado. A duración estimada da fase de obras é de 12 meses.

Tamén está proxectada a construcción dunha subestación transformadora de tensión 20/220 kV e o edificio de control do parque, dotado de dúas plantas. Segundo se indica no proxecto, a liña aérea de alta tensión de 220 kV para a interconexión do parque co sector Ameixeiras-Testeiros e posterior evacuación da electricidade á rede xeral de transporte eléctrico, a través do sector Cando-Albarellos, será obxecto dun proxecto independente.

Medidas correctoras

Prácticas xerais de obra: en tódalas accións de proxecto que se desenvolvan durante a fase de construcción do parque empregaranse unha serie de medidas preventivas para afectar o menos posible a calidade do aire, auga, vexetación, fauna e solos da zona: revisión da maquinaria, xestionando os residuos obtidos, limitación das operacións de carga e descarga de materiais, escavación e movementos de terra en períodos nos que a velocidade do vento sexa inferior a 10 km/h, rega das superficies, sen xeración de vertedura líquida, para minimiza-la dispersión de po e partículas, reducción de productos de combustión mediante mantemento técnico da maquinaria. Evitaranse as zonas de vexetación autóctona e, no caso de non poder evitalas, procederase á replantación.

Plan de xestión de verteduras e residuos: tódolos residuos xerados durante as obras ou ben os que procedan de desaugadoiros e drenaxes durante a explotación serán xestionados axeitadamente.

Accesos: minimización da lonxitude de accesos novos, da intervención sobre hábitats naturais de calidade e a cuberta edáfica, deseño da traza e drenaxes, restauración de accesos temporais e integración das vías na tipoloxía constructiva da zona.

Outras: asistencia técnica ambiental e arqueolóxica na fase de replanteo, restauración das superficies afectadas, reposición e indemnización de danos, balizamento previo dos elementos que deben ser protexidos, medidas anticolisión de aves (baixa velocidade de rotación, deseño das pas e torres), adecuación ó contorno, posta a terra dos elementos metálicos, vinculación ós pregos de condicións do con

tratista, das medidas correctoras, reposición de servicios, condicións finais de obra e plan de vixilancia ambiental. Información veciñal sobre o desenvolvemento dos traballos.

ANEXO II

RESUMO DOS INFORMES

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable do Estudio de impacto ambiental del Parque Eólico Masgalán-Campo do Coco, coas seguintes condicións:

1. Para evitar posibles afeccións establecerase, para esta obra, un área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado.

2. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

3. No caso do impacto crítico sobre o xacigo GA36018006 (mámoa do Alto do Rofete/O Castelo), levarase a cabo a seguinte medida correctora:

-Desprazamento do aeroxerador 73, a vía e a gabia fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

4. No caso do impacto crítico sobre o xacigo GA36018018 (ermida de San Bieito), levarase a cabo a seguinte medida correctora:

-Desprazamento do aeroxerador 19, a vía e a gabia fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

5. No caso do impacto severo sobre o xacigo GA36018029 (mámoa do Carballo Torto), levarase a cabo a seguinte medida correctora:

-Desprazamento do aeroxerador 4, a vía e a gabia fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

6. No caso do impacto severo sobre o xacigo GA36018047 (A Barreira), levarase a cabo a seguinte medida correctora:

-Desprazamento da vía e a gabia fóra do ámbito de exclusión de 50 m.

7. Realizarase un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. A tal fin, e logo de inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Como anexo ó citado proxecto recollerase, na cartografía empregada polo persoal de obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico coa localización dos elementos do patrimonio cultural e as súas áreas de exclusión e cautela (obxecto de control e seguimento arqueolóxico). O plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

8. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

9. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite un informe conxunto sobre os efectos ambientais de distintas actuacións no espacio natural Serra do Candán, promovidas por Gamesa Energía, entre as que se atopa o parque eólico de referencia, indicando o seguinte:

Os distintos proxectos que se pretenden efectuar consisten nunha serie de parques eólicos e liñas de alta tensión. A documentación sobre a que se emite informe está integrada por:

-Parque eólico de Masgalán-Campo do Coco. Estudio de impacto ambiental.

-Parque eólico de Ameixeiras-Testeiro. Estudio de impacto ambiental.

-Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Masgalán.

-Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Cando.

Ademais, entregouse un estudio que complementa a información relativa ó medio biótico na zona de actuación, denominado Estudio faunístico y cartografía de vegetación de la Sierra de Candán.

As accións previstas no proxecto recaen, total ou parcialmente segundo o caso, na proposta de LIC denominada Serra do Candán. Esta proposta atópase, na actualidade, no rexistro xeral de espacios naturais, establecido así na Orde do 28 de outubro de 1999. De conformidade con ela, nos espacios nela incluídos poderán seguir levándose a cabo de maneira ordenada os usos e actividades tradicionais; para o resto requirirase informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente.

Dos parques previstos, así como da liña para a evacuación de enerxía xerada, obsérvase que, en case a súa totalidade, se inclúen dentro do espacio natural, ocupando unha grande proporción deste.

Esta inclusión produciuse como consecuencia de ser unha zona onde se encravan importantes valores ambientais, así establecidos na Directiva Hábitat, 92/43/CEE, a Directiva Aves, 79/409/CEE, así como nas transposicións destas á lexislación nacional.

Dentro dos valores ambientais significativos detectados cómpre destacar numerosas especies de aves, mamíferos, anfibios, réptiles, peixes, invertebrados, plantas así como numerosos hábitats, estes últimos interveñen como elemento fundamental no ciclo vital dos anteriores.

A pesar de seren numerosas as especies de flora e fauna que presentan un mesmo rango de protección legal, a súa importancia na área non se vería como é realmente se só se empregase este criterio para valoralas. Débese ter en conta, ademais, a súa abundacia relativa e fraxilidade ante as accións previstas.

Pasa a seguir a expoñe-los elementos do medio con maior susceptibilidade, realizando unha comparación entre a información que a empresa promotora elaborou, denominada Estudio faunístico y cartografía de vegetación de la Sierra de Candán, coa dispoñible na administración. As conclusións coinciden en ámbalas dúas fontes de información, no que respecta á avifauna de maior interese: bufo real (Bubo bubo), falcón peregrino (Falco peregrinus), avetarda pequena (Otis tetrax), aguia real (Aquila chrysaetos) e rapina cincenta (Circus pygargus).

Unha vez expostos os principais valores ecolóxicos da área, cabe face-las seguintes consideracións, co fin de minimizar no posible os impactos negativos, e sempre que se estime finalmente a implantación destes proxectos:

1. Relativamente á rede hidrográfica cabe facer unha serie de puntualizacións e propostas que se deben seguir:

-É de interese que se faga un plano da rede hidrográfica natural e artificial actual, tanto permanente como estacional. Ademais representaranse, en planta, as distintas zonas de afección da rede; detallando, nos correspondentes planos, as características técnicas do deseño das accións (plantas, alzados e perfís). Tamén se sinalarán os factores do medio afectados, tanto directa como indirectamente (inventario cualitativo e cuantitativo dos factores ambientais afectados e medidas adoptadas para corrixir, compensar ou elimina-la afección destes).

-Por outra banda, evitarase a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullo, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para isto o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, atopándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

En relación co tema terase en conta:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullo, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorregas ou crecidas do caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

-Vixiaranse con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes, tomándose as medidas oportunas para resolver posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia e durante a vida do parque.

Cómpe subliña-la necesidade de non afecta-los leitos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de serventía e policía sen a previa autorización do organismo de bacía. No caso de que esta afección atinxa os ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral, segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

2. No caso de que se precise facer corta de arboredo, deberá terse en conta o seguinte:

-Onde se pretenda efectuar corta de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. No suposto de afectarse a vexetación de ribeira, terase que solicita-la correspondente autorización ó Servicio Provincial de M.A.N, tal e como establece o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

3. Relativamente á rede viaria dos parques, son de destacar unha serie de carencias, tal é así que non se refiren, con claridade, cales son as vías de nova execución, as vía que se van acondicionar, nin aquelas que só se van usar nas condicións actuais, así como os viais de acceso. Tampouco se fai referencia ás modificacións que se xerarán no sistema hidrolóxico nin ás medidas correctoras previstas para a súa paliación. É de suma importancia o desenvolvemento do parágrafo anterior, xa que un dos problemas fundamentais que se vai xerar pola construcción da obra é a modificación que se produce na escorrega subsuperficial e superficial, coas seguintes consecuencias probables:

-Diminución da achega de auga á cuberta vexetal que se sitúa inmediatamente por debaixo do trazado lonxitudinal, o que se traduce nunha maior seca con posibles consecuencias para a vexetación (cambio de especies, maior estrés e posibilidade de ataque de pragas e enfermidades...).

-Á infraestructura viaria supónselle a implementación dunha rede de drenaxe lonxitudinal e transversal, que pode presentar efectos negativos no medio se o seu deseño non parte do estudio dos parámetros axeitados. Dentro dos posibles problemas están:

*Concentración dun caudal en réxime laminar en puntos determinados, drenaxes, podéndose inducir fenómenos erosivos, por seren zonas non afeitas a soportar tales caudais. Ademais, pódese xera-la apa

rición de procesos de asolagamento ou deposición en zonas susceptibles a estes e non afeitas a soportalas na situación sen proxecto.

*As gabias, se non presentan un deseño axeitado, poden transportar auga dunhas microbacías a outras, xerándose unha descompensación nos caudais naturais e habituais en cada unha delas.

*Deben terse en conta nos cálculos e no deseño da rede artificial de drenaxe que a implantación da vía vai xerar unha diminución do tempo de concentración en cada bacía, como consecuencia dun firme desprovisto da permeabilidade axeitada e libre de cuberta vexetal, ademais da dotación dunha rede de drenaxe artificial que incrementa a velocidade de incorporación da auga á rede hidrográfica. Tanto este punto como o anterior, en casos puntuais, poden dar lugar a asolagamento por avenidas, en áreas non afeitas a soportalos en condicións sen proxecto; mesmo as enchentes extraordinarias diminuirán considerablemente o seu período de retorno.

A documentación presentada non contén referencia escrita nin gráfica dos temas tratados neste punto, polo que propoñémo-lo estudio dos parámetros precisos do medio de xeito que se poida dispoñer dunha rede de drenaxe libre dos problemas aquí descritos.

A modo de síntese, manifestamos que se presentará unha distribución da rede de drenaxe (gabias e bueiros); lémbrese que esta deberá estar perfectamente planificada; enfocando ó deseño de xeito que a auga evacuada en cada drenaxe se corresponda coa mesma microbacía na cal se efectuou a captación. Sempre é mellor que o número destes sexa elevado, lémbrase que os camiños son elementos lineais que cortan transversalmente o paso da auga. Esta limitación implica que na parte baixa da ladeira atravesada pola pista, a achega de auga de escorrega se reduce de xeito importante. Débense sopesa-las implicacións que isto pode xerar no ecosistema. Por outra banda, e seguindo co tema de saída das augas das drenaxes, débese ter en conta que esta se efectuará de xeito que non se produzan fenómenos erosivos, de asolagamento ou deposición, sempre e cando non existisen antes da actuación referida. En todo caso non deben obviarse os cálculos analíticos e empíricos para os parámetros que sexa posible e

procedente, considerando o exposto ó longo deste punto.

4. Toda a terra vexetal susceptible de ser degradada deberá entrar nun plan de recuperación de solos. Esta proposta desenvolverase axeitadamente, aparecendo no plan perfectamente delimitadas as actuacións encamiñadas á preservación e xestión do recurso: medidas de loita contra a erosión, ciclos de remoción, destino previsto. Ademais do anterior, deberanse concretar aspectos como: localización, volume e extensión das achegas, así como o calendario previsto.

5. Non se poderá depositar, nin acumular na área do parque nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallos sólidos. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares de achega, debe indi

carse cales, ademais de cómo se pensan depositar e qué actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito, de xeito que se consiga unha boa integración no medio. En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como os que proveñan dos labores de mantemento ou outros, deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

6. Como se salientou na introducción, as aves son un dos elementos máis singulares e fráxiles ás actuacións previstas. Sen embargo, hai unha serie de carencias ou faltas de desenvolvemento dunha serie de aspectos:

-Previsión de impactos negativos, así como as medidas correctoras, protectoras e/ou compensatorias que se adoptarán.

-Seguimento destas poboacións unha vez efectuadas as actuacións, no correspondente plan de vixilancia.

Estimamos pertinente que se cubran as carencias anteriores, considerando os seguintes mínimos:

-Presentación dun plan de seguimento e vixilancia ambiental que se centre na mortandade de aves provocada por colisión e electrocución, plan que deberá presentar detalladamente os procedementos de mostraxe e a metodoloxía empregada, incluíndo rexistro de aves mortas por colisión e electrocución; estimación de índices de colisión; frecuencia de colisións; variación estacional da frecuencia de colisións; estudio de voos e densidades de aves vivas; frecuencias de voo; variación horaria da frecuencia de voos; variación estacional da frecuencia de voos. O estudio deberase centrar, sen esquece-las outras, sobre as aves máis importantes arriba indicadas.

-Para aquelas especies que se especificaron na introducción, deberá terse en conta o desenvolvemento dos seguintes aspectos: estimación da perda de individuos que garanta a sustentabilidade en función da evolución prevista das poboacións; articulación no tempo, de ser preciso, das accións de conservación.

-Proposta ben definida das medidas correctoras, protectoras e compensatorias que se adoptarán, centrándose fundamentalmente nas especies máis importantes. Medidas que deberán considera-los seguintes puntos: reducción da colisión e electrocución nos tendidos eléctricos; reducción da colisión nos aeroxeradores; reducción de electrocución de aves nos apoios do tendido eléctrico, prevención e corrección das nidificacións na rede de transporte.

É de sumo interese que, se durante o plan de vixilancia se detecta unha mortandade temporal de migratorias, se implemente un período de parada dos aeroxeradores.

De tódolos xeitos, coa finalidade de non fragmentar en exceso as áreas de campeo das principais especies de aves, estímase a conveniencia de resitua-los

seguintes aeroxeradores: de R-7 a R-8; de R-2 a R-6 (Masgalán-Campo do Coco), de A-38 a A-44 (Ameixeiras-Testeiros).

7. No tocante ás medidas correctoras e protectoras propostas, cabe adxectivalas como pouco técnicas, tanto no relativo ás múltiples alternativas de execución que presenta o seu baixo grao de definición, como unha formulación que non imprime un compromiso para a súa toma en consideración, nin por parte do promotor nin do contratista.

O EIA considérase como un anexo do proxecto técnico que pondera o impacto deste no contorno. En función deste, pódese estima-la incompatibilidade ou compatibilidade do proxecto previsto. Neste último caso, o máis probable é que se deban establecer unhas medidas protectoras, correctoras e/ou compensatorias, que sexan propostas e esbozadas para a continuación pasar a integrarse e desenvolverse nos distintos documentos que contén o proxecto.

De acordo con isto, as medidas correctoras e protectoras deben analizarse, xustificarse e argumentarse no estudio ambiental; sen embargo, o seu desenvolvemento e execución se fará no correspondente proxecto técnico. Propoñemos que, co fin de axiliza-la aplicación deste requisito, e a pesar do cumprimento do punto precedente, se inclúa nun anexo do proxecto técnico o desenvolvemento e aplicación das actuacións ambientais. Pode definirse este como anexo de integración ambiental, e formalmente organizarase como un proxecto de execución de obras ou outras actuacións: memoria, planos, prego de prescricións técnicas e orzamento, débese lembrar que aquelas medidas protectoras e correctoras que se desprendan do presente informe deberán cumpri-lo disposto neste punto.

8. Non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida no EIA, ou ben que non sexa proposta na declaración de impacto ambiental. Por outra banda, todas aquelas medidas protectoras ou correctoras propostas no EIA deberán ser consideradas na obra, así como o disposto no plan de vixilancia ambiental.

No caso de que se estime a súa execución, cóidase de interese a consideración dos puntos deste informe, co obxecto dunha maior integración da actividade no contorno.

A Dirección Xeral de Obras Públicas no seu informe, indica o seguinte:

-O citado parque eólico aproxímase no Alto de Penadoira á estrada PO-200, pertencente á rede primaria básica, entre os p.q. 21 e 22, no treito Laro-Aciveiro.

-Con data do 14 de setembro procedeuse á aprobación do proxecto de acondicionamento da estrada PO-200, treito Laro-Aciveiro (Clave N/PO/90.8.4.1), que supón nese quilómetro a modificación da sección tipo, aumentando os carrís e as beirarrúas e incor

porando dous carrís para vehículos lentos; e a mellora do trazado da estrada.

-Por todo iso, os aeroxeradores A-1 e o de reserva R-1 deberán quedar fóra da zona de afección da estrada actual e da prevista no proxecto antes citado, que é de 30 m desde a aresta exterior da esplanación. Ademais, debe solicitarse autorización da Subdirección Xeral de Estradas para a realización dos cruzamentos coa dita estrada.

-Sen embargo, sería conveniente establecer unha coordinación das dúas actuacións.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada en relación co expediente, dos informes emitidos polos distintos organismos consultados así como unha proposta de condicionamento ambiental co obxecto de minora-los posibles impactos ambientais, que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial de actuación.

-Impacto causado pola ocupación do terreo.

-Residuos.

-Flora e fauna.

-Impacto visual.

-Urbanismo.

-Programa de vixilancia ambiental (ruídos e colisións de aves).

O organismo Augas de Galicia emite informe favorable, que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona do parque e un pequeno resumo do proxecto avaliado, xunto co seguinte condicionamento:

As características deste parque eólico precisan do uso regular de auga para o seu normal funcionamento, tanto na fase de construcción e montaxe como na de explotación, xa que está prevista a construcción dun edificio de control.

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras dos cursos fluviais e a prohibición de verter entullo neles, no caso de se produciren, estando, ademais, prohibido o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de obra nas proximidades dos cursos de auga.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos de tal xeito que, trala construcción do parque, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do comezo das obras.

Un condicionante básico será que a futura autorización reflicta a obriga da instalación a axustarse ó cumprimento das directrices do Plan hidrolóxico Galicia-Costa en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se co motivo da execución dalgún acceso, vía ou gabia do cableado se producise cruzamento con algún curso fluvial, serán necesarias medidas de pro

tección e corrección dos seus efectos, sendo, en todo caso, preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo se establece no R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas 29/1985.

En definitiva, ese servicio considera que a instalación do citado parque eólico non produce ningunha alteración de importancia en relación á planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construcción e explotación, especificadas no presente informe.

Faise indispensable unha correcta execución das vías, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica sexa mínima e, sobre todo, evitando a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga.

No caso de que, como consecuencia da explotación do parque, se producisen verteduras ou captacións de auga á rede hidrolóxica (subterránea ou superficial), será necesaria a obtención das preceptivas autorizacións, que se tramitarán, segundo a lexislación vixente, ante o organismo Augas de Galicia.

Á vista da documentación enviada e tendo en conta as consideracións realizadas, non se formulan obxeccións á proposta realizada, salvo as medidas especificadas.

O Concello de Lalín emite informe sobre o estudio ambiental, destacando unha serie de carencias nos distintos epígrafes que o compoñen, e considera que o órgano ambiental debe propoñe-la modificación do estudio antes da declaración de impacto, con esas e outras precisións que estime oportunas.

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS

Alberto Gil Carrera, en calidade de presidente do Grupo Erva, indica que a área onde se pretende instala-lo mencionado parque eólico coincide plenamente coas partes máis valiosas da Serra do Candán. Esta serra ten valores naturais e paisaxísticos sobexamente recoñecidos, polo que foron consideradas como áreas de especial protección. Na recente proposta de áreas de inclusión na Rede Natura 2000 da UE que o Consello da Xunta aprobou, figura este espacio natural.

Entre os valores desta serra pódense citar:

Conserva, xunto coas existentes na próxima Serra do Suído, a mellor representación de bosque montano de todo o occidente galego, desde a dorsal galega cara ó oeste.

A fauna de vertebrados presente na Serra do Candán e nos Montes do Testeiro é unha das máis interesantes de Galicia.

Tras unha pormenorizada descrición das valores naturais e da fauna de vertebrados presentes na área,

apoiada nunha completa revisión bibliográfica, expón as seguintes alegacións:

O estudio presentado pola empresa GAMESA carece claramente dunha análise rigorosa do impacto que a instalación do parque eólico terá sobre a fauna de vertebrados existente na área afectada.

É incomprensible que na tramitación dun proxecto de clara incidencia ambiental sobre un espacio natural da relevancia da Serra do Candán-montes do Testeiro, non se efectúe un estudio riguroso das consecuencias que a presencia dunha infraestructura como a dun parque eólico pode ter sobre unha fauna valiosa e coñecida a través de informes, publicacións e traballos científicos.

O estudio detallado da incidencia que sobre a fauna poidan te-los tendidos eléctricos de alta tensión e os aeroxeradores podería abordarse no estudio de impacto ambiental, primeiramente recollendo a información exhaustiva que existe sobre as comunidades faunísticas de vertebrados deste espacio natural e caracterizando as poboacións existentes de especies ameazadas. Posteriormente, sería posible valora-la incidencia directa destas infraestructuras sobre estas especies, considerando os seus hábitos e costumes. Non estaría de máis tamén realizar unha análise da incidencia indirecta mediante a caracterización dos impactos sobre os hábitats de alimentación ou reproducción desas especies.

En todo caso, e como é evidente que estes estudios non foron realizados ou non se incluíu unha aproximación a eles, achégase unha serie de informacións derivadas dos estudios faunísticos realizados nesta serra ó longo da última década, co fin de apoia-la afirmación de que a instalación do parque eólico Masgalán-Campo do Coco suporá a posta en perigo dos efectivos demográficos reproductores de especies tan ameazadas en Galicia como a aguia real, o bufo real, o falcón peregrino ou o lobo.

A información achegada céntrase no impacto do parque sobre o bufo real e a aguia real, indicando que, tendo en conta as pautas de comportamento destas especies, existe unha dose moi elevada de risco para a integridade dos exemplares que utilizan as montañas do Candán como zona de caza e reproducción. Tanto a aguia real como o bufo real son especies que teñen sido atopadas mortas baixo as pas dos aeroxeradores en parques eólicos de Navarra e Aragón. Recentemente foi atopado un exemplar de aguia real morto nun parque eólico de Navarra. A incidencia do parque eólico sobre estas dúas especies radica no elevado risco de colisión contra as pas dos muíños e os tendidos eléctricos, na deterioración dos seus hábitats de caza, nas perturbacións indirectas que se xerarán e que afectarán o seu comportamento reproductor e, por tanto, á supervivencia das dúas especies.

Por outro lado, é posible que a construcción de infraestructuras permanentes como a subestación ou os propios muíños, ademais da rede de pistas necesarias, afecte a conservación da poboación local

reproductora de lobo. Ademais de poder condiciona-los hábitos de desprazamento e uso do territorio, a apertura de tantos quilómetros de pistas pode afecta-lo comportamento reproductor, ó permiti-lo achegamento de xente e a xeración de perturbacións perto das zonas de cría da especie. Por outro lado, as pistas facilitan a penetración de furtivos e incrementan a indefensión do lobo, pois é máis fácil localizalo e abatelo en cacerías furtivas.

Luis M. Domínguez Muñoz expón o seguinte:

1. O lugar de construcción destes dous proxectos está incluído de forma provisional no Rexistro de Espacios Naturais por Orde do 28 de outubro, segundo consta no DOG do 9 de novembro de 1999. Tamén está incluído na proposta da Rede Natura 2000 aprobada pola Xunta.

2. Estes dous parques forman parte do proxecto sectorial que a empresa GAMESA ten pensado desenvolver na Serra do Candán e Couto de Zobra, espacios ós que fai mención o punto 1. No caso de seren aprobados, o número de parques eólicos nesta zona incrementaríase nun futuro próximo.

3. A superficie que ocuparán estes proxectos corresponde coa totalidade dos planaltos ou chairas do Candán, área máis representativa, xunto coas masas illadas de carballos da serra. Aquí nacen o río Lérez, o Umia e o Deza e hai presencia de solos hidromorfos. Estas van ser prexudicadas directamente pola instalación de aeroxeradores e a apertura de pistas.

4. O impacto sobre o patrimonio arquitectónico que aparece nestes altos vai ser crítico e as medidas correctoras adoptadas non garanten a súa conservación. Dúas mámoas, dúas neveiras que pertencen ó mosteiro de Aciveiro e os restos da antiga ermida de San Bieito van ser afectadas polas novas pistas e rodeadas por aeroxeradores.

5. O estado da natureza destas montañas e a súa alta calidade paisaxística é unha das razóns que fan deste espacio un dos principais enclaves de media montaña da xeografía galega. A instalación de 75 aeroxeradores de 55 m cada un, unha subestación transformadora de 430 m e 12 km lineais de vías de 5 m e asfaltadas (no presente proxecto), máis 75 aeroxeradores e 11 km de pistas no proxecto Ameixeiras-Testeiros devaluarán as características polas que este espacio foi elixido para formar parte da proposta de lugares susceptibles de formaren parte en Galicia da futura rede europea de espacios protexidos Natura 2000.

6. O impacto sobre a fauna, flora e solos da serra vai ser grande. A comunidade de mamíferos carnívoros, en especial o lobo, que emprega o territorio como zona de campeo, verase afectada. Así mesmo, aves de rapina como a aguia cobreira, a gatafornela ou a rapina cincenta, que cazan e crían habitualmente na zona afectada, estarán seriamente afectadas. Varias especies de plantas ameazadas o igual que algunhas brañas e a súa delicada vexetación, van ser prexudicadas.

7. Ademais dos problemas que se ocasionarán sobre o medio rural, hipotecarase un importante recurso turístico de calidade e de interese máis xeral, que achegaría máis beneficios ós concellos afectados, de seren ben xestionados, que os parques eólicos.

8. O estudio de efectos ambientais mostra unha serie de irregularidades moi graves canto á descrición dos valores, cuestión que evidencia a falta de rigor científico necesario neste tipo de estudios. Algúns dos erros atopados mostran que o traballo de campo é inexistente.

Omítese a presencia deste espacio na proposta para a Rede Natura 2000, cando o estudio de efectos ten data posterior. Tampouco ten en conta que a Serra do Candán foi declarada como espacio natural en réxime de protección xeral, cando o estudio foi realizado no mesmo mes que a data de declaración e exposto no 27 de xaneiro de 2000, tres meses máis tarde. Ó estar incluída a serra no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia, é preciso someter estes proxectos de parques eólicos a un procedemento de avaliación de impacto ambiental e non de efectos ambientais.

Por todo o exposto, solicita:

-Que se denegue a autorización de construcción dos proxectos expostos, polas características aquí presentadas.

-A anulación do estudio de efectos ambientais e a realización dun estudio de avaliación de impacto ambiental.

As asociacións Xevale Ecoloxía, Luita Verde, Néboa Medio Ambiente e Guerrilleiros das Fragas, o Colectivo Ecoloxista do Salnés, as asociacións ecoloxistas Coto de Frade e Sobreira, o Grupo Ecoloxista Xea, o Movemento Ecoloxista da Limia, Adega e a Federación Ecoloxista Galega presentan cadanseu escrito de alegacións, con idéntico contido que o anterior.

Salvador González Rodríguez, en calidade de presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, formula as seguintes alegacións:

Primeira: no estudio de impacto ambiental indícanse algunhas especies inexistentes nos nosos montes, pola contra non se fai estudio ningún sobre as especies cinexéticas de hábitos migratorios (sinaladamente a arcea, a becacina e o paspallás), que, xunto con outras aves migratorias, son as que se verán máis afectadas polo parque.

Segunda: de conformidade co establecido na lexislación sobre enerxía eólica aprobada por instancia da Consellería de Industria pola Xunta de Galicia, e dado que inexplicablemente non se establece limitación ningunha á instalación de parques eólicos, a competencia entre as distintas interesadas transformará a nosa Comunidade Autónoma nun gran bosque de parques eólicos e, o que é máis grave, sen que ó mesmo tempo se adopten as medidas para reduci-las actuais fontes de contaminación.

Terceira: na documentación presentada non se garante a retirada do inxente material que se vai instalar nos nosos montes cando os actuais aeroxeradores non sexan rendibles economicamente.

Polo anterior, manifestan:

-A oposición á instalación do parque eólico Masgalán-Campo do Coco, alomenos ata se realizar un estudio do impacto ambiental que vai causar nas especies cinexéticas migratorias que son obxecto de aproveitamento por esta sociedade.

-A oposición á construcción sen control de parques eólicos que está previsto instalar e que afectan o noso couto de caza, alomenos mentres non se fagan os estudios precisos co obxecto de avalia-la súa incidencia conxunta sobre as especies cinexéticas e o noso medio en xeral.

-Que en todo caso se adopten as medidas necesarias para garantir no seu día a reposición do medio ó seu estado actual.

Luis García Madriñán, actuando en propio nome e en beneficio da Comunidade de Propietarios do Monte Grobas, formula as seguintes alegacións:

Primeira: o predio afectado para os efectos do expediente é o número 22, facéndose constar no expediente que pertence á C.M.V.M.C. de Grobas, cando é de titularidade particular, debendo corrixirse no expediente este erro.

Segunda: maniféstase a oposición á realización do proxecto polo prexuízo económico para o comparecente e os seus representados, ademais da degradación ambiental da zona afectada, tanto pola expropiación dos terreos como pola dedicación do predio á caza, que debe ser valorada á hora de establece-lo seu xusto prezo. Por outra banda, a fauna e flora veríanse afectadas ó non poder facerse plantacións, co conseguinte risco de erosión, destrucción do solo e contaminación das augas. Así mesmo, os aeroxeradores terán un efecto barreira, sen menciona-las molestias por ruído e o efecto negativo sobre a paisaxe.

Terceira: o predio da nosa propiedade está atravesado por unha pista de carácter privado, construída polos comuneiros, e no proxecto parece dicirse que é de carácter público. Isto debe ser corrixido, no sentido de que non pode ser utilizado sen permiso dos titulares, e no caso de facelo, deberán ser indemnizados.

Cuarta: maniféstase a desconformidade no que respecta ós datos sobre superficies afectadas e expropiadas en pleno dominio, impedindo o aproveitamento dos recursos naturais desas zonas, producíndose unha depreciación do valor do predio.

Por todo isto suplica á Consellería de Industria e Comercio que se teña por presentada a oposición á instalación do parque eólico e, no caso da súa aprobación, se teña en conta o exposto no escrito e se acorde a súa modificación.

O Concello de Lalín, á vista dos informes técnicos que constan no expediente e as demais informacións arrecadadas pola alcaldía para o efecto, oponse á actuación prevista polos seguintes motivos:

-A zona escollida para a actuación está comprendida dentro das propostas para a súa inclusión na Rede Natura 2000, como espacio natural en réxime de protección xeral Serra do Candán, de conformidade co establecido na orde da Consellería de Medio Ambiente do 28 de outubro de 1999 (DOG do 9 de novembro).

-Fronte os beneficios puntuais que o parque eólico vai producir, a súa instalación afectará de forma moi negativa a economía da zona, baseada recentemente no turismo rural como alternativa á crise da agricultura e da gandería.

-O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín, aprobado definitivamente en marzo de 1999, cualifica a zona, no que afecta o concello (Monte Coco en Zobra e Bustelos-Vilatuxe) como solo rústico de especial protección (SR-P1) e corresponde ó espacio natural delimitado como Serra do Candán e Zobra coa referencia 02 do catálogo de bens protexidos; xa que logo, o concello podería ter dificultades á hora de concede-la correspondente licencia municipal.

-Recentemente se está a tramitar unha auténtica avalancha de solicitudes de instalación de parques eólicos na nosa zona que, de chegar a construirse, afectarán sen dúbida o clima, a riqueza cinexética a a fauna xeral, en especial as aves de rapina e outras aves migratorias. Lalín quedará, así, rodeada dunha auténtica muralla de aeroxeradores, polo que é necesario realizar con carácter previo un estudio global do impacto das devanditas instalacións e dos seus efectos adicionais.

-A documentación presentada por GAMESA presenta numerosas deficiencias respecto á planimetría, descrición das accións de proxecto, descrición moi pobre dos núcleos de poboación próximos, estudio de protección contra a contaminación acústica, impacto sobre as aves migratorias, equipamento de turismo rural existente na zona, descrición das bacías visuais, e existencia de vías pecuarias e a súa protección.

Por todo o anterior, solicita que se teña por formulada a oposición por parte do Concello de Lalín á execución do parque eólico Masgalán-Campo do Coco (Silleda, Forcarei e Lalín), tanto polo que se refire ó proxecto de execución e o proxecto sectorial, como ó estudio de impacto ambiental e a declaración de utilidade pública, nos termos indicados no acordo plenario nº 1 do 15-2-2000 que se xunta ó expediente, e que se lle teña por parte interesada no expediente, comunicando tódalas resolucións que se dicten en relación a este.