Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/253-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica Zarzo, S.A.

Domicilio social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.

Denominación: R.B.T. Fonte da Vila.

Situación: Monfero.

Características técnicas: rede de baixa tensión a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 931 m de lonxitude, con orixe no C.T. Fonte da Vila e discorrendo polos lugares da Fonte da Vila, A Casanova, O Pedrón e O Souto. Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña