Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a determinación do potencial do desenvolvemento de centros comerciais urbanos en Galicia. (Expediente 1/2001 DXC).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 1/01 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización dun estudio relativo á determinación do potencial das principais zonas comerciais existentes nos municipios galegos máis importantes, para configurarse como centros comerciais urbanos.

Prazo de execución: 6 meses desde o día do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.000.000 de pesetas (96.161,94 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato (320.000 pesetas; 1.923,24 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es.contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que se vai presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE número 148, do 21 de xuño), pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19 a) e b) da mesma lei, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato, ou por medio dunha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que

inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados delas.

8. Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 13-10-199, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio